Así conciben os provincianos a comunicación de Galicia.

"Lo que se pretende, y es lo importante, es que al final, un ciudadano que está en Madrid, en el aeropuerto de Barajas, y quiere coger un vuelo a Galicia, pueda venir de la forma más cómoda posible". Frase literalmente reproducida da edición de onte de La Voz de Galicia e posta en boca de Agustín Hernández, conselleiro de infraestruturas preocupado, en que sexa cómoda a viaxe de Madrid a Galicia e non preocupado porque os galegos teñamos un sistema aeroportuario que nos permita interrelacionarnos o mellor posible con España, Europa e o Mundo.
Claro, o 80% do tráfico aereo de Galicia é con Madrid e agora sabemos porqué, para a comodidade dos que están en Madrid e dentro duns anos teremos un Tren de Alta Velocidade tamén con Madrid que seguindo o mesmo patrón de pensamento significa que o que se busca é a comodidade dos que están en Madrid e non comunicar a Galicia co Mundo, tampouco importa ao PP e ao PSOE gastar centos de millóns de euros en crear unha infraestrutura cun servizo redundante co único para o que sirven os tres aeroportiños que temos que é comunicar a Madrid con Galicia.
Eu creo que os galegos queremos estar comunicados con Madrid e co maior número posible de sitios e a política de infraestruturas segue unha concepción ultracentralista só preocupada porque Madrid esté moi ben comunicada cos demais, o máis patético de todo isto é que sexa alguén que debería velar polos nosos intereses quen tamén vele polos intereses de Madrid.

2 comments:

  1. Estimado Carlos:

    por desgracia esa é a mentalidade de Galicia e xa se sabe que é máis fácil conseguir xuntar xente para desmontar algo que para montalo.

    O sistema aeroportuario galego necesita unha boa reforma e creo que os datos que ven ofrecendo Lavacolla todo este ano, xa nos indican cal debe ser o aeroporto de referencia frente a Oporto.

    ReplyDelete
  2. É cuestión de prioridades. Non esquezamos nunca que o TAV Madrid-Sevilla estaba acabado e en funcionamento en 1992.
    Non é o mesmo pensar que hai 7 cidades que potenciar no país que pensar que ningunha delas baixa do posto 30 en peso relativo no país.
    Quero dicir: ou collemos iniciativa propia ou rezamos mentres agardamos que a inercia sobreviva ás outras 30 cidades que hai en españa antes da primeira galega.

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,