Que está pasando na Macoca? (1)

Nese fermoso lugar cun nome tan sonoro xa son 652.169, 97 €, case cento dez millóns das antigas pesetas, a nada desprezable cantidade de diñeiro público que se leva gastados e/ou presupostado nunha instalación deportiva que pretende ser (ainda non merece ese nome) unha pista de atletismo, tamén é oportuno lembrar que o grupo municipal liderado por Miguel Ángel Capón Rey presenta esta actuación como un dos principais logros da sua colaboración co PP, vexamos algúns datos relevantes ao respecto.

Dentro do primeiro Plan E foi adxudicada á construtora Belypa (como o 90% das obras do Plan E en Tui) o 2 de febreiro de 2009 polo concello de Tui a construcción da pista de atletismo e vestuarios na Macoca (subida ao monte aloia na parroquia de Pazos de Reis) polo importe de 173.901,95 €, no pleno do concello do día 24 de Xuño de 2010 o alcalde Rocha, do Partido Popular, admitiu que para a sua realización ninguén do concello se tomou a molestia de consultar á Federación de Atletismo sobre os requisitos técnicos que debía cumprir a pista, dando como resultado algo moito máis parecido a unha pista de patinaxe (no momento da foto a pista está seca) que a unha de atletismo.


No mesmo pleno de Xuño foi aprobado un gasto de 144.500 € a maiores para arranxar a pista para facela apta para o seu uso, nen que dicir ten que o alcalde non se desculpou nen houbo nengunha demisión por ter que gastar esa cantidade de diñeiro debido a unha gravísima neglixencia previa. Agora encontrámonos con esa adxudicación, adiviñen vostedes cal é a empresa adxudicataria por procedemento negociado sen publicidade, acertaron! a mesma que a primeira vez fixo unha pista de patinaxe onde debía ter feito unha pista de atletismo: BELYPA, poden comprobalo na web do concello: http://www.concellotui.org/licita/?a=67

É impresionante o competentes e honrados que son os señores do Partido Popular de Tui na xestión do diñeiro dos nosos impostos, a verdade é que un non se explica como pode haber tolos radicais antisistema que fagan pintadas como esta no paseo fluvial.


Algúns inxenuos seguimos esperando a que o fiscal comece a facer o traballo que lle pagamos todos os meses na sua nómina os contribuintes.

Frenemos o declive de Tui

A historia de Tui nos últimos dous séculos é a história dun declive moi acusado, é un declive que temos que ler en clave política, relixiosa, administrativa e económica.

En 1833 Tui perde a capitalidade de provincia que ostentara até aquela altura, nese momento o Governo español optou por imitar a estructura do estado centralista frances que dividia o Estado en departamentos, as provincias até entón non tiñan nengunha aparellaxe administrativa, nunca existiu a Deputación de Tui, e polo menos no caso de Galicia a división en sete provincias respondía en grande medida á división episcopal (salvo no caso de Betanzos e A Coruña) , hai quen di que Javier de Burgos, que era ministro do Goberno de Cea Bermúdez recebeu sobornos de alguén interesado en que Pontevedra fose capital, o caso é que nesa altura Pontevedra era un pouquiño mais grande que Tui, e Vigo que non pasaba dunha vila de pescadores no que hoxe coñecemos como o Berbés e tiña menos habitantes que Tui, Lavadores e Bouzas eran concellos independentes que mais tarde absorveu Vigo.

Teriamos que perguntarlle a algún historiador, por exemplo a Suso Vila, como se conformou esa decisión de politicas públicas en Madrid e se alguén podia ter feito algo para evitar a perda da capitalidade, por exemplo seria interesante saber se a igrexa, como estructura de poder que era e que pretende seguir sendo, fixo ou non fixo algún lobby para defender que Tui seguise a ser capitalidade.

A continuación a clasificación en miles de habitantes das cidades de Galicia en 2006 e en 1760.

2006

Vigo 293,255
Coruña (A) 243,320
Ourense 108,137
Santiago 93,458
Lugo 93,450
Pontevedra 80,096
Ferrol 76,399
Vilagarcía 36,519
Narón 35,664
Oleiros 31,264
Redondela 30,029
Carballo 29,985
Ribeira 27,053
Arteixo 26,739
Culleredo 26,547
Marín 26,190
Cangas 25,202
Ames 23,219
Cambre 22,092
Estrada (A) 22,013
Ponteareas 21,993
Lalín 20,779
Monforte 19,412
Boiro 18,554
Moaña 18,432
Nigrán 17,631
Teo 17,168
TUI 16,925
Sanxenxo 16,914
Porriño (O) 16,617


1760

Santiago 16,314
Coruña (A) 7,380
Pontevedra 4,734
Betanzos 3,286
TUI 3,250
Ourense 2,792
Lugo 2,552
Vigo 2,509
Mondoñedo 2,253
Ferrol 1,177


Tui perde 23 postos nesta clasificación, Tui perde e continua a perder todos os trens, o último a bonanza inmobiliaria dos últimos anos que tería permitido unha consolidación demográfica e a construcción dun ensanche modélico en Galicia baseado na prolongación cos mesmos criterios da urbanización do Chao Chao que con tan bon criterio executou o daquela alcalde Gelucho. Estes criterios están claros, ruas anchas que crean espazos e que facilitan a calidade de vida dos cidadans e melloran a estética da cidade. Baixo o mandato de Rocha o que pasou foi ben distinto, no que se fixo foise estragando a boa base que había, reducción clara de espazos e paralisación do desenvolvemento urbanístico para a defensa dos intereses particulares do alcalde e en perxuizo da cidadania.

Vemos a unha Ponteareas con 22.000 habitantes, todos sabemos que Ponteareas é moito menos atractivo que Tui en praticamente calquera sentido sen embargo captou un fluxo demográfico de Vigo porque tiña o plan aprobado. ¿non será que Rocha viu como varios alcaldes do PP perdian o poder pola entrada de xente nova no concello que non respondía á mesma lóxica?, vimos o que pasou en Salceda, Tomiño, Ames, está a piques de pasar en Ponteareas, etc. É bastante perverso pero é a realidade, quen manda en Tui sabe que o progreso e o dinamismo conlevaría inmediatamente a sua perda do control e portanto traballan activamente en contra do crecemento.

O caso é que ese declive continua até os nosos días, o Teatro mais antigo de Galicia, que formou parte desa grandeur pasada de Tui continua a cair en pedazos, os turistas pasan de longo e non conseguimos atraer o fluxo económico que estes poderían atraer cando temos potencial para facelo, o casco vello deteriorase a cada paso mais, etc. Só hai algo que salva a Tui da desfeita total: a sua ubicación privilexiada, na fronteira mais transitada entre o Estado español e Portugal, e perto dunha cidade dinámica e de tamaño medio como Vigo o que nos habilita como cidade dormitorio de Porriño e Vigo, ainda ben porque como tivesemos que vivir da dinámica económica que xera Tui por si mesma xa estaríamos nos catro mil habitantes como Mondoñedo.

¿Pero porque Tui non deixa de perder tren tras tren?, ¿sera acaso a mala sorte? ¿o mal fario?. Eu creo que non é unha cuestión de azar, eu penso que unha parte da nosa clase política, é a que permite, consinte e aplaude que nada se mova, que non haxa dinamismo, que non haxa progreso, esa parte da sociedade tudense prefire que nada pase, que non se avance que manden "los de siempre" que teñan patente de corso, que non importe o mal que o fagan.

Unha sociedade con cultura democrática non dubida en desaloxar do poder a quen se sirve deste exclusivamente para a persecución dos seus intereses privados, no 2011 ofertaremos a mellor alternativa posible porque cremos que Tui merece máis.

Daranos Rocha o cambiazo?

Despois de vinte oito anos en política e case trece na alcaldía, o noso alcalde, Antonio Feliciano Rocha, anuncia unha vez máis, a sua retirada da política, digo unha vez máis porque antes das eleccións municipais de hai catro anos, as do 2007 xa dixera que non se voltaba a presentar e a última hora incumpriu a sua promesa e presentouse. Este precedente unido á pouca confianza que a sua traxectoria política me fan ter nel lévame a ser bastante prudente en relación á veracidade desa promesa de retirada.


Hai uns días alguén (probablemente o propio Rocha avalado por Louzán, ambos na imaxe) filtra ao Faro de Vigo unha nova moi ambígua na que se menciona a Moises Rodríguez como posible sucesor, "Moises Rodríguez en puesto preferente como cabeza de lista de la candidatura del PP en Tui" é o título da nova, da a sensación de que o señor Rocha pretende con esta filtración valorar se as bases, poderes fácticos e aliados (Capón) do seu entorno social, empresarial e político aceptan ao seu empregado na empresa e subordinado no concello e no partido, como o seu sustituto no cartel do Partido Popular.

Unha das cousas que máis valorei antes de voltarme a meter na política municipal é o feito de que facendo valoracións políticas negativas dalgunhas persoas automaticamente se ian considerar ofensas persoais, e isto nun lugar do tamaño de Tui non é agradable pero é algo que debemos asumir quen nos metemos en política local, aprecio moito aos pais de Moises, pero iso non pode estar xamais por riba da miña responsabilidade coa cidadanía.

O señor Rocha, como algúns malos alunos que non estudian e non preparan os exames, quere darnos o cambiazo, despois de trece anos no goberno municipal onde o concello está completamente estancado tanto desde o punto de vista das infraestruturas, como desde o punto de vista do urbanismo con todos os perxuizos económicos e de benestar que isto nos causa, o señor Rocha está valorando darnos gato por lebre, presentarnos como renovación a unha persoa que leva case desaseis anos no goberno de Tui (desde 1995) colaborando estreitamente con él e que ademáis, depende economicamente del.

Levo moitos meses dicindo que Rocha non se irá e se se vai deixará a alguén que poida ter ben atado e maniatado para garantir que o concello de Tui siga sen se preocupar dos intereses de Tui para poder preocuparse exclusivamente doutro tipo de intereses do señor Rocha. E neste sentido Moises, máis coñecido por "Ches" da o perfil perfecto, é o fillo político de Rocha e alguén que Rocha pretende deixar ao cargo do negocio, ahh perdón!, do concello.

O concello de Tui, referencia europea

Na miña traxectoria profesional e política sempre tentei identificar referentes positivos, fixarme nos mellores nunha determinada area, algo que os gurús da xestión empresarial chaman benchmarking, un anglicismo moi altisonante que significa algo moi sinxelo; ver o que fai o mellor nun terreno e tratar de imitalo, na medida do posible.

O problema do benchmarking é que moitas veces non se ten fácil acceso aos mellores ou a saber como traballan, e a vida colocate en moitas ocasións en contacto con referentes negativos, é dicir, con auténticos desastres no seu desempeño profisional, político, etc. Como sempre crin que era moi prático facer da necesidade virtude, propuxenme aprender tamén dos que fan as cousas rematadamente mal. Con estes, a cousa non consiste na imitación, con estes do que se trata é de ver o que fan para facer exactamente o contrario, nunha empresa na que traballei recordo un comercial que dependía de min, que non visitaba aos clientes, que non lles collía o teléfono, que non lles explicaba as tarifas, nen as posibilidades do produto, entre outras cousas, porque non se tiña tomado a molestia de estudialas, enfin, máis ou menos todo o contrario do que habería que facer, ese comercial era interesante tamén para aprender, porque praticamente sen matices, todo o que facía él era o que non se debía facer.

Da xente moi mala tamén se pode aprender, esa é a valiosísima lección que me ensinou aquel comercial, e desde aquela, aplico esa lección a outras areas da miña vida, como por exemplo a política ou a xestión pública. Cando falo do casco vello de Tui moita xente comeza a mencionar como referencia positiva, referencia polo tanto a imitar, as vilas portuguesas da beira do miño, como Valença, Cerveira, Monção, Caminha ou Melgaço e a dicir que están moito mais cuidadas e mellor conservadas que Tui, neses comentarios todo o mundo coincide en que son núcleos, salvo o de Valença, con moita menos categoría que o de Tui, pero que están postos en valor e que, como consecuencia, esas localidades saen beneficiadas tamén no aspecto económico.

Eu crieime no casco historico de Tui, polo que esa referencia é unha constante na miña vida, ademáis das vilas miñotas, un ia escoitando falar de Allariz, de Santiago, de Pontevedra, de Ourense, de Santillana del Mar, de Ubeda e Baeza, e un longo etc, a medida que pasaban os anos ianse sumando máis e máis localidades como referente positivo de cómo había que cuidar e potenciar un casco histórico, ata que hai uns meses deime conta que o casco vello de Tui xa era como ese comercial que eu tivera ao meu cargo, é dicir, a referencia perfecta de cómo non se deben facer as cousas. É un logro que lle hai que recoñecer ao Partido Popular de Tui, despois de vinte anos ininterrumpidos na alcaldía con maiorias cómodas de goberno, non queda nen un só casco histórico, non só en Galicia, senón en Portugal, no resto de España ou en toda Europa occidental (Franza, Alemaña Ou Reino Unido) da importancia do de Tui nun estado de conservación tan deplorable como o de Tui.

O que precisa o casco histórico é xusto o contrario do que os nosos gobernantes fixeron nos últimos vinte anos, a semana pasada caiulle definitivamente a cuberta ao Teatro Principal, o único teatro de toda España incluido no Plan director de infraestruturas culturais do ano 1986 que ainda está sen rehabilitar, o casco histórico de Tui, é tamén o único de España, dunha categoría similar, que carece dun Plan específico de protección, o que é coñecido como PECH, Plan Especial do Casco Historico, os nosos gobernantes tampouco consideraron que nunha localidade que é a vixésimo oitava (28) de Galicia en poboación e ten o segundo casco en importancia, regular e potenciar o casco fose unha prioridade. O casco en Tui non só non recibiu un tratamento prioritario senón que foi tratado como o patito feo, cando resulta que é un cisne. Pensemos se hai que facelo rematadamente mal para que sendo, segundo voces expertas, o segundo casco histórico de Galicia non aparezamos nen entre as 29 candidatas dun concurso para escoller as 10 marabillas de Galicia.

Cando saia algún inocente ben intencionado escaldado, con razón, coa nosa clase política ou algún listillo interesado en que nada cambie (que dos dous tipos hai), dicindo o de que todos somos iguais, non lle falarei de min, recordareille simplemente que ninguén en Europa occidental xestionou dunha forma tan desastrosa un casco histórico e direille que varios centenares de gobernos municipais de Europa occidental de todos os signos políticos xestionaron mellor os seus cascos históricos que os señores do Partido Popular de Tui, que teñen o mérito de ternos convertido na referencia continental de cómo non hai que facer as cousas, e ainda lle direi máis, que todos nos equivocamos e que rectificar é de sabios; o tempo acábase é son demasiados os trens que levamos perdidos, os cascos históricos son en toda a península fonte de riqueza e de emprego e quen continue apoiando aos peores xestores municipais de Europa terá que preguntarse porqué o fai e se a sua xustificación é válida.

Aproveito para felicitar a iniciativa cidadá, allea a calquera partido político, que desenvolven desde o blogue Intra Muros , estes sí que son unha referencia positiva, fagamos todos benchmarking con eles, pero do de verdade. Esta iniciativas demostra que a nosa sociedade é capaz tamén de ser un referente positivo, encargemonos de que os referentes negativos non nos poidan seguir avergoñando, en maio teremos unha oportunidade, se a deixamos escapar todos seremos responsables, ainda que uns máis que outros.



Serei eu igual ao señor Rocha?

“Todos son iguais”; esta é unha frase que pronuncian non poucas persoas na nosa sociedade, son as persoas que cren que todos os políticos somos iguais, e somos todos malos, xa que non coñezo a ninguén que cando isto di se refira a que todos os políticos somos moi bos, competentes e honrados. Debo confesar que é unha frase que me parece profundamente inxusta e arbitraria porque creo nunha obviedade, que sen embargo non está clara para algúns, como que na política, como en calquera outra actividade humana, hai persoas de todo tipo, honrados e corruptos, competentes e incompetentes. Igualar a todo un colectivo por abaixo é verdadeiramente inaceptable, igualar ao inocente co culpable é unha das cousas máis inxustas que se poidan imaxinar e sen embargo hai cidadáns que o fan, pero porque o fan?.

En primeiro lugar encontrámonos cunha realidade determinada, a de moitos elementos da clase política que a cidadanía percibe, con razón, como corruptos. Transparencia Internacional, a prestixiosa ONG que se empeña na loita global contra a corrupción emite varios informes todos os anos, no Índice de Percepcións da Corrupción de 2009 inclue a España no posto trixésimo segundo (32) dos paises menos corruptos, os que encabezan tamén este ranking son os mesmos paises que encabezan os índices de liberdade de prensa ou de independencia xudicial – nos que España está ainda pior clasificada - ; Nova Celanda, paises do norte de Europa, Canada, etc, mentres España aparece detrás de estados como Uruguai, os Emiratos Arabes Unidos ou San Vicente e as Granadinas.

Por tanto hai unha realidade obxectiva sobre a que se sustenta a percepción dun elevado grao de corrupción, e esta non é unha realidade inventada por nengunha mente calenturienta, sen embargo, isto non xustifica en absoluto que haxa quen extenda a presunción de culpabilidade a todos os políticos coa gravísima acusación de que “todos son iguais” a absolutamente toda a clase política dun determinado País. Para Transparencia Internacional corrupción é definida, nun sentido operacional, como o abuso do poder, confiado polos electores, para o beneficio privado. Pasando a un exemplo local e cercano, o alcalde de Tui, Antonio Feliciano Fdez. Rocha usa e abusa do poder que lle confire o poder político para fins que non teñen nada que ver coa persecución do progreso do noso concello.

E claro, que o concello de Tui cobrase o 3 de decembro no 2007 da Xunta 43.118, 70 euros para a rehabilitación da Casa Escola de Randufe e que a 14 de setembro do 2010 non se rehabilitase ese lugar nen se dese nengunha explicación, como se pode ver no blogue da Asociación de Viciños desa Parroquia, é un problema, que o cerramento do campo de atletismo da Macoca fose adxudicado en 197.000 € cando o seu custo real segundo o xerador de prezos da Xunta non pasa dos 57.000 € é outro problema, e que isto poida ser a punta do iceberg dunha trama que usa o noso concello como plataforma é un problema ainda maior, e isto, queridos lectores, non é un problema só para min, como candidato á alcaldía de Converxencia XXI nas vindeiras eleccións municipais na moi nobre e moi leal cidade de Tui, senón que o é para todos e cada un dos cidadáns desta vella e fermosa cidade.

E claro, cun panorama como este que lle digan a un que é igual ao señor Rocha, pois que queren que lles diga….é como se o Tide F.C. vai xogar ao Bernabéu contra o Real Madrid co árbitro en contra, con medio equipo lesionado e sen descansar. Os conservadores tudenses e doutros sitios, a falta de argumentos obxectivos que apoien unha xestión nefasta ou uns logros inexistentes no goberno municipal só teñen unha saida para evitar unha confrontación de ideas e unha confrontación de feitos na que sempre sairian perdendo, esa saida é moi sinxela á vez que perversa e carente de escrúpulos, consiste en enmerdar aos demais, suxar aos limpos, como non hai argumentos para defenderse só se pode atacar, os creadores da mensaxe do “todos son iguais” cren que quedan absoltos ante si mesmos de ter votado a alguén que sabe que actua de forma irresponsable e neglixente, como mínimo, tamén pretenden igualar ao culpable co inocente e lograr que as persoas con espírito crítico non voten e simultaneamente xustificarse a si mesmos para seguir votando a quen mal goberna, poucas frases son tan útiles para impedir que a nosa democracia madure e para incentivar a irresponsabilidade, a corrupción e a pobreza.

A orixe do “todos son iguales” non é inocente, é unha táctica de comunicación manipuladora, propia de quen non ten argumentos nen logros para esgrimir e propia de quen non é demócrata, pero unha táctica de comunicación ao fin e ao cabo. A orixe desa propaganda manipuladora está clara, pero despois son moitos os que a reproducen sen mala intención, sen mala fé, simplemente porque o acabaron crendo así, como dicia o señor Goebbels, ministro nazi de propaganda “Si contas unha mentira o suficientemente grande e repitela con insistencia, a xente acabará crendo que é a maior das verdades”.

Lamento moito decepcionar aos que cren que eu son igual ao señor Rocha e que Converxencia XXI é igual ao PP e como o movemento demostrase andando e non só falando ou escribindo e visto que hai algúns que aplican, por interese ou por inxenuidade, a presunción de culpabilidade e non a de inocencia, aproveito para anunciar que se formo parte dun goberno local en Tui farei un declaración persoal e pública de bens, ademáis diso Converxencia XXI adoptou na sua última executiva que as suas contas serán públicas e aparecerán na nosa web á disposición de todos os cidadáns que as queiran consultar. Estas son duas cousas que os señores do PP non fixeron nen farán, que apostamos a que non somos iguais?.

Visita ao agredido polo alcalde

Aproveitando estes días de agosto achegueime a visitar, para expresarlle o meu apoio e a miña solidariedade, a José Fontán Gómez, veciño de San Bartolomeu, parroquia de Rebordáns que fora agredido fisicamente polo alcalde á saida dun pleno. A única culpa do señor Fontán foi dicirlle a verdade ao alcalde, dicirlle que en Tui praticamente só pode construir él, ou a promotora do seu fillo da que o alcalde é apoderado, que ven sendo o mesmo.


A arbitrariedade do señor alcalde nas cuestións urbanísticas é incrible, ata o punto de crear unha situación moi próxima ao monopolio no noso concello, unha porcentaxe moi elevada das vivendas á venda no noso concello corresponden a promocións do entramado de construtoras e promotoras controladas polo alcalde. O señor Rocha tamén xoga coa paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal no seu beneficio persoal, xa que mentres o Plan está paralizado ten máis posibilidades de que as suas promocións se vaian vendendo porque non hai onde escoller. Hai que ver que liberais son estes señores.

Ese foi o pecado do señor Fontán, atreverse a dicirlle a verdade ao señor alcalde, non teño palabras para describir a situación na que un señor fai trampas e se aproveita da sua situación no poder para favorecer os seus negocios privados a costa do resto de cidadáns e empresas de Tui, xa isto é terriblemente grave de por si que inda por riba quen se atreve a dicilo recibe como premio unha agresión física. O señor Rocha está conseguindo que unha cidade nobre e histórica como Tui que non merece este desprestixio se pareza cada vez menos a Alemaña ou Francia e cada vez mais a Zámbia ou ao Congo.

Esperemos que o señor Rocha e o Partido Popular de Tui non caian na senda do radicalismo e na tentación de seguir utilizando a violencia para fins políticos, os tudenses somos xente pacífica, tranquila, moderada e civilizada e non llo perdoaríamos.

Deixo dous vínculos a novas aparecidas na prensa en relación a este suceso da agresión física do alcalde ao señor Fontán:

Juzgado el alcalde de Tui por agredir a un jubilado

Un vecino denuncia en el juzgado la agresión del alcalde de Tui

O imperio da lei

O imperio da lei ou o que os anglosaxons deron en chamar “rule of law” forma un dos primordiais pilares da democracia liberal, e consiste en que absolutamente ninguén é inmune perante a lei.

Segundo a sacrosanta Constitución do 1978 sobre a que non me puiden pronunciar porque tiña cinco anos cando se votou, España é un Estado democrático de dereito; un concepto que designa calquera Estado que se aplica a garantir o respecto das liberdades civis, ou sexa, o respecto polos dereitos humanos e polas liberdades fundamentais através do establecemento dunha proteción xurídica. Nun estado de dereito, as propias autoridades políticas están suxeitas ao respecto da regra de dereito.

Pero unha cousa é o que manifeste a Constitución e outra ben distinta é a realidade que emana da posta en práctica da norma máxima do noso ordenamento xurídico trinta e dous anos despois, penso que é xeralizada a sensación de impunidade ante a xustiza de parte importante da nosa clase política que despreza de forma constante, pola via dos feitos, un suposto imperio da lei con gravísimas deficiencias.

Unha xustiza independente e eficaz é a base dun entorno previsible no que se debe sustentar o desenvolvemento social e económico, con seguridade xurídica, da actividade de cidadáns e empresas; tamén é a base para que os cidadáns, incluindo os cargos públicos, que decidan buscar atallos para o seu enriquecemento persoal de forma ilícita encontren límites ás suas accións. En definitiva unha sociedade sometida ao imperio da lei é unha sociedade que terá posta a base para o seu progreso.

Resulta que España, moi lonxe da autocompracencia e autobombo oficiais, non anda moi ben nen na separación de poderes nen na imparcialidade dos seus tribunais, o think tank canadense Fraser Institute publica con periodicidade anual un informe sobre a liberdade económica no mundo no que analiza a 141 paises en grande cantidade de parámetros entre os que están o da independencia e a imparcialidade xudicial, pois ben, España está no posto 52 en independencia xudicial, xusto detrás de Hungría e diante de Nixeria, nun ranking que encabeza Nova Zelanda seguida de numerosos paises do norte e centro europeo, estamos un chisco mellor en imparcialidade dos tribunais, no lugar 42, xusto detrás da India e xusto diante de Ghana e Belice, nun ranking que encabezan os paises do norte (Dinamarca en primeiro lugar) e centro de Europa e paises como Singapur, Australia, Hong Kong e Nova Zelanda. O informe completo podese consultar na web www.freetheworld.com.

Isto a min non me extraña nada, como tudense podo constatar como na realidade prática da miña cidade o “imperio da lei” non existe cando se consinte que un alcalde que despreza a lei durante tantos anos continue no posto, e estou convicto de que nun dos vinte primeiros paises de calquera dos dous rankings anteriores o alcalde Rocha estaria fora de combate político, a falta de igualdade efectiva ante a lei en España e a forte politización da xustiza fan que ainda poida ter longa vida política, se os votantes llo consinten, mentres tanto somos os contribuintes os que lle pagamos os moitos millares de euros que leva consumidos en avogados, por certo, para quen non o saiba os avogados do alcalde do PP de Andratx, nas Baleares, basearon a sua defensa na sentenza do Tribunal Supremo sobre o caso Beira Miño en Tui.

É unha percepción xeralizada que Ruiz Mateos, Mario Conde ou Jesús Gil, sen ser “hermanitas de la caridad”, non eran peores que moitos outros aos que o sistema político-xudicial español non consideraba ameaza para o status quo e tamén é unha percepción xeralizada para os cidadáns de conciencia democrática que fenómenos de corrupción urbanística praticamente calcados ao de Marbella, ainda que a unha escala cuantitativamente menor, hai varios moito máis perto, o caso de Tui tamén merece unha suspensión do concello, como a que se lle aplicou a Marbella.

Os responsables desta desfeita son os que implementaron a Constitución e aplicaron na prática os principios que emanan dela, PP e PSOE, partidos responsables no goberno de España e na oposición nos últimos vinteoito anos son os culpables, os mesmos que se preocuparon de dotar, por exemplo, á facenda pública de todos os medios informáticos, de persoal e de xestión necesarios para financiar a administración pública non consideraron igual de importante que España fose, de verdade, e non só no papel, un Estado de dereito.

Lamentablemente hoxe ninguén se estraña cando escoita barbaridades, que criamos propias de paises subsaharianos cos que de facto competimos en independencia e imparcialidade xudicial, saindo da boca de Mariano Rajoy como: “diga lo que diga la justicia Camps será candidato”, ao PP, como demostra o seu Presidente nesta afirmación, traille sen cuidado o estado de dereito como se encarga de demostrar en cada unha das numerosisímas ocasións nas que ampara a políticos presunta ou demostradamente corruptos do seu partido, como no caso da miña cidade ou no caso do presunto financiamento ilegal do PP, coñecido como trama Gürtel e que toca de cheo ao PP da era de Manuel Fraga através do número dous da trama corrupta, Pablo Crespo, Secretario de Organización do PP en Galicia nos anos 90.

Ideas para o casco histórico de Tui

A clave de bóveda da recuperación do casco pasa pola aprobación do PECH, e quero insistir nisto por unha cuestión de xustiza e de responsabilidade, o PP foi incapaz de sacalo adiante en 20 anos, hai un conflito de intereses moi claro, ao noso alcalde interesalle que o casco vello caia a cachos para vender os pisos que el promove en rexime de monopolio de facto na zona nova (neste momento promoción da rua colón). Unha vez asignadas as responsabilidades da desfeita coa que nos encontramos e que se denuncian dunha forma extraordinariamente completa e ben documentada no blogue http://cascovellotui.blogspot.com/ pasemos ás propostas en positivo:

-Plan Especial do Casco Histórico: é unha ferramente imprescindible para que a propia oficina de rehabilitación do concello non lle teña que pedir permiso a patrimonio para cada obra que autoriza e poida axilizar moito mais as cousas e o acceso a subvencións.

-Toma de contacto coas persoas propietarias de casas en mal estado e deshabitadas (isto é importante porque alguén que viva ai e non teña medios para rehabilitar pois hai que deixalo), dar un prazo o suficientemente amplo (un par de anos) para que as vendan ou as rehabiliten, isto é moi intervencionista e como liberal non me fai sentir ben pero pareceme que é imprescindible.

-O concello paga medio millón de euros ao ano pola limpeza á empresa Orballo, é evidente que do casco vello non se preocupan en absoluto, o casco require un mantenimento. Ou o concello negociou mal ou non fai control.

-Teatro Principal, hai que rehabilitalo por dignidade e buscar unha formula que non lle resulte gravosa ao concello que non anda moi ben de cartos a pesar de que non fan nada. É un polo de atracción para a zona mais morta do casco.

-Inicio dos tramites para a declaración de patrimonio da humanidade Tui-Valença. O PP de Tui, ante a desesperación dos viciños valencianos, non moveu nen un dedo neste asunto. Isto leva anos de traballo conseguilo pero no momento que se consega o boom turístico e as posibilidades de negocio limpo conseguintes son enormes. Estamos a falar dun casco vello onde gran parte dos baixos poidan estar ocupados con locais de hosteleria e comercio coa conseguinte xeración de emprego e riqueza.

-Unha vez que o casco deixe de dar pena, hai que investir en promoción turística e publicitaria pero antes hai que gastar todo en adecentar, seria absurdo promocionar o desastre actual por moitos favores que lle debamos aos que oculten as nosas vergoñas. A posibilidade de atraer cruceiristas de Vigo a Tui-Valença pode ser unha mina de ouro pero claro, non lle podemos ensinar o desastre que temos agora.

-Aparcamento, a min gustame a idea dun parking subterraneo na corredoira que de servizo ao casco vello e á cidade nova. Habería que ver a viabilidade técnica e antes habería que abrir a Rua Ourense para desatascar a corredoira e non colapsar a cidade polas obras, por certo é o terceiro ano que a abertura da rua Ourense aparece nos presupostos anuais do noso querido concello, como todos podemos ver está sen executar.

Liberdade e Responsabilidade

Para que un determinado sistema político funcione da forma máis correcta posible, segundo os seus parámetros teóricos, é necesario que na sociedade predominen unha serie de valores, un tipo de cultura necesaria para que ese sistema de os seus mellores froitos.

O sistema político do mundo occidental, o sistema que ten permitido aos homes alcanzar o maior nivel de riqueza de toda a historia da humanidade, a democracia liberal, é un sistema que require para a sua boa saude e pervivencia unha serie de valores entre a poboación, un dos máis importantes é o binomio liberdade-responsabilidade, este é un valor que no centro e norte de Europa e no mundo anglosaxon está fondamente arraigado.

O cidadán é libre pero sabe que esa liberdade vai acompañada da conseguinte responsabilidade para cun mesmo e cos demáis. Estamos a falar dunha liberdade autolimitada polos valores do individuo e non por un poder coercitivo externo ou do estado, un cidadán dinamarqués é case imposible que ande tirando pola xanela do seu veículo as colillas do seu cigarro e non polo medo que lle teña a unha multa, un español, sen embargo, é moito máis probable que o faga preferindo manchar a rua ou a estrada ou mesmo provocar un incendio antes que manchar o seu propio coche.

A debilidade do concepto responsabilidade na nosa sociedade é a que permite, por exemplo, que sexa moi raro ver unha demisión na nosa clase política, independentemente da gravidade do acontecido é moi pouco frecuente ver que se produza unha asunción de responsabilidades. A dereita conservadora española, que ás veces fala de liberalismo, é o mellor exemplo da debilidade da responsabilidade aquí e por tanto da debilidade dos verdadeiros valores liberais, o PP antes de asumir a responsabilidade polos seus numerosos casos de corrupción, busca infinidade de subterfuxios para non responder polos seus actos, que se son vítimas dunha persecución, que se foron manipulados por unha xente sen escrúpulos, etc.

O problema é que algúns dos seus votantes tampouco teñen claro nen o concepto de liberdade nen o de responsabilidade e non castigan a sua falta. E isto ten naturalmente o seu reflexo na sociedade, os políticos deshonestos non son castigados coa suficiente dureza nas urnas polo que perden un incentivo para ser responsables e honestos. Sen embargo, e para que a democracia funcione ben, “a culpa não pode morrer solteira” como costuman dicir os portugueses.

Grande parte das persoas que non castigan co seu voto aos políticos que saben que son deshonestos usan con frecuencia unha frase encamiñada a eximir aos políticos que non son honrados da sua responsabilidade, manchar aos que si o son e de paso quedar eles tamén libres de toda culpa, é unha frase máxica! : “todos son iguales”, quen isto di queda automaticamente absolto ante si mesmo de ter votado a alguén que sabe que actua de forma irresponsable e neglixente, no mellor dos casos, tamén consigue igualar ao culpable co inocente e simultaneamente xustificase a si mesmo para seguir votando ao mesmo, poucas frases son tan útiles para impedir que a nosa democracia madure e para incentivar a irresponsabilidade, a corrupción e a pobreza.

O deficiente funcionamento do estado de dereito español, onde moitos políticos deshonestos se poden seguir presentando as eleccións e gañándoas co apoio dos cidadáns que alcumarei “todosoniguales” non axuda precisamente a reforzar o valor da responsabilidade na esfera pública e tampouco na privada. Se os cidadáns non castigan a irresponsabilidade e o poder xudicial tampouco co tempo é probable que a famosa frase se convirta nalgo demasiado próximo á realidade. A falta de valores e de incentivos, porque ser responsable e honrado?, pensará por exemplo o alcalde da miña cidade, Antonio Feliciano Rocha.

Onde está o diñeiro?

A AA.VV de Randufe informa que o concello de Tui cobrou da Xunta un subsidio de 43.118,70 euros no 2007 para pagarlle ao persoal da hipotética rehabilitación da casa escola de Randufe e resulta que a obra non se fixo nen se comezou ata hoxe, como denuncia a Asociación de Veciños desa parroquia, non é isto malversación de fondos públicos?.

Desde Converxencia queremos felicitar a AAVV de Randufe polo exercicio de cidadanía que implica denunciar algo que ten toda a pinta dunha malversación de fondos como unha catedral, despois ainda nos virán a subir os impostos porque non chega o diñeiro.

http://avderandufe.blogspot.com/2010/07/rehabilitacion-da-casa-escola-de.html

O sábado pasado repartimos uns 1.500 dípticos informativos COMO ESTE coas nosas propostas para Tui.

Estas son algunhas fotos da rolda de prensa e da acción de rua do pasado sábado:

http://www.flickr.com/photos/converxencia/sets/72157624417933244/show/

O Pleno dos Orzamentos 2010

O pasado xoves dia 24 celebrouse o pleno dos presupostos do concello para o ano 2010, sí é correcto, para o ano 2010, cando a lexislación obriga a aprobalos durante o ano anterior en Tui acumulamos un retraso de seis meses, cando o resto das institucións van aprobar en poucos meses os orzamentos do 2011 en Tui ainda estamos cos do ano en curso, o Tui do PP is different, iso desde logo.

Quedou claro no debate que o presuposto é insostible xa que se basa nunhas previsións de ingresos ficticias, comezando pola venda dos pisos de Caldelas que siguen sen vender e que seguirán sen vender debido aos graves problemas construtivos que teñen, saiu a relucir que os presupostos son ademais a repetición das grandes promesas que cada ano o PP incumpre, supomos que por unha combinación de incompetencia e intereses cruzados, estes proxectos que xa estaban nos presupostos do ano 2008, 2009 e 2010 e que o goberno foi incapaz de cumprir son: a apertura da rua Ourense, o Centro de día, a garderia, compra da finca lagarteira, entre outros. En realidade levamos 20 anos en Tui esperando que o noso goberno municipal se dedique a gobernar pero a paciencia dos demócratas está xa esgotada.

En relación aos presupostos o PSOE e o BNG decidiron, con moitos anos de retraso, comezar a facer algo de oposición pero siguen sen atreverse a dicir que o que paraliza todo son os intereses de negocio persoal do señor Rocha e a complicidade do señor Capón, que apoiou os presupostos dicindo que o facia para garantir a estabilidade, é certo que a estabilidade é boa cando hai un goberno medianamente responsable pero cando temos a un sindicato do crime controlando o concello a estabilidade é nefasta señor Capón e creo que vai ter que buscar unha coartada un pouco máis crible, Prada e Rosada tamén apoiaron os presupostos “por responsabilidade” (SIC).

O BNG presentou unha moción na que instaba ao concello a falar cos consignatarios do porto de Vigo para tentar atraer a cruceiristas que desembarcan en Vigo a que visiten Tui, a idea é boa, de feito é algo tan elemental que a calquera outro goberno municipal, que non fose tan incompetente como o actual, xa teria dedicado fortes esforzos a conseguilo, seguramente Rocha non o considere prioritario ao non estar relacionado cos seus negocios. Son os propios touroperadores os que no barco ofrecen varias alternativas aos pasaxeiros, un pack Tui-Valença poderia ser atractivo para moitos visitantes e ademáis ten a vantaxe de non ocupar todo o dia aos cruceiristas, algo importante se temos en conta que a tendencia é a que estes coman ao mediodia no barco, polo que por exemplo, e por cercanía e interese (o plus da internacionalidade) podemos ser unha boa alternativa a Santiago, Baiona, Pontevedra ou Sanxenxo.

Un requisito que os organizadores piden é a apertura do comercio todos os días, algo que xera contradiccións nos partidos de esquerdas pero que é algo elemental se pretendemos convertirnos no potente destino turísitico que poderiamos chegar a ser, outro elemento primordial é restaurar e potenciar o casco histórico, pero o Partido Popular non tivo interese ou foi incapaz de por en marcha o Plan Especial do Casco Histórico nos vinte anos que leva na alcaldia, saiu no pleno a colación os vinte millons de pesetas pagados no ano 94 para a redacción deste documento e que finalmente foron tirados ao lixo xa que ata dia de hoxe non se aprobou ese plan. Este é un exemplo máis dos moitísimos que hai do mal que o PP lle fai a Tui, co casco vello rehabilitado e coa visita de cruceiristas que poderiamos ter o comercio e a hosteleria do casco vello saerian moi beneficiados, abrindose moitas posibilidades de negocio limpo, pero isto ao PP non lle preocupa. Ninguén mencionou que a estas alturas Tui-Valença poderian ser patrimonio da humanidade se se chega a ter traballado desde o goberno do PP de Tui (únicos responsables da paralización deste tema para a desesperación dos valencianos) desde que hai dez anos se lanzou esa iniciativa desde o sul do Miño.

O alcalde admitiu que non consultaran no seu día á Federación de Atletismo na construción da pista de Atletismo da Macoca e que por culpa diso está mal feita, pero o problema é que isto nos costa agora aos cidadáns 144.000 euros, e os responsables políticos desa desfeita non se fan responsables. O PP si que se preocupa de que a xestión do Centro Interfederado de Remo siga controlado polo concello co gasto que supón cando a Xunta se ofrece a xestionalo, isto é completamente inasumible desde o punto de vista dunha xestión racional dos recursos, que sempre son escasos, está claro que queren o seu control, un chiringuito máis para controlalo e comprar vontades, como os que pagamos somos os cidadáns de Tui e non os señores do PP non hai problema. Continuando na area deportiva este ano non se celebrará o Cuadriatlon, terá algo que ver con incumprimentos do concello?

Para rematar a faena o alcalde cortoulle a palabra a un cidadán no turno de rogos e preguntas do público demostrando os seus valores democráticos, menos mal que esta vez non o agrediu fisicamente como xa fixo con outro viciño. Habería que pedirlle ao señor Rocha e ao seu partido unha condena pública da violencia.

Encontro Liberal Ibérico

Lamento non poder acudir este sábado ao acto na cidade de Tui de reinaguración dun busto de Sócrates (filósofo grego non primeiro ministro portugués) que fora inaugurado orixinalmente uns poucos días antes do golpe de estado militar do ano 1936 contra a democracia vixente e que foi retirado polos golpistas, non poderei acudir a ese simbólico acto por un compromiso que me leva a Salamanca para asistir ao encontro dos partidos e laboratorios de ideas de inspiración liberal da península ibérica.

Alí estará Convergencia Democrática de Catalunya, os liberais andorranos e xibraltareños, o Movimento Liberal Social portugués cun destacable papel para o seu lider e amigo meu Miguel Cunha Duarte como organizador e alma mater do encontro, un par de pequenos partidos de ámbito estatal e senllas delegacións da Internacional Liberal e do Partido Demócrata Liberal e Reformista Europeo (terceiro partido da Unión Europea) encabezada polo seu vicepresidente o catalán Marc Guerrero.

E last but not least creo que unha máis que digna representación do noso País, eu representarei a Converxencia XXI e Francisco Xavier Lores, economista e profesor na Universidade de Santiago representará ao laboratorio de ideas que se engloba dentro do noso proxecto político, a GALIDEM (Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia), a delegación dos galegos que amamos a liberdade e a democracia estará enriquecida coa presenza de Rosendo Covelo, Vicesecretario Xeral do PNG-PG, partido que se autodefine como liberal social, e que, ao menos de momento, está integrado no BNG, aplaudimos esta decisión totalmente novidosa do PNG de sumarse a Converxencia XXI neste tipo de foros e esperamos que os incentive para liberarse da tutela e control ao que están, na miña opinión, sometidos dentro do BNG.

É para min un motivo de satisfacción enorme que Galicia teña unha presenza así nunha reunión destas características pondo ao noso País, por dereito propio e sen tutela de nengún tipo, no mapa dunha das tres grandes familias ideolóxicas do noso continente e do mundo. Pero esto non deixa de ser unha pequena mostra da relevancia internacional que o noso País gañaría se fosemos capaces de lograr que o noso proxecto adquirise unha relevancia importante na nosa terra. Estariamos falando de interlocución directa con varios primeiros ministros dentro da UE (Irlanda, Dinamarca, Holanda) viceprimeiros ministros como o británico Clegg, varios comisarios europeos, etc.

Capón apoia a Rocha

O venres pasado, a prensa local referiase aos presupostos municipais para o próximo ano, o señor Capón Rey, confirma o apoio aos presupostos que o señor Rocha vai presentar a aprobación o próximo dia 24, o que descalifica o movemento de Acción Tudense (Capón Rey) que hai uns días suspendía (de cara á galería) as negociacións de integración co PP de Rocha, por unha parte di que non negocian e por outra aprobanlle os presupostos, toda unha manobra de distración para inocentes.

Sabedes a que está destinada unha das maiores partidas dos presupostos?, a arranxar o desastre de pista de atletismo da Macoca, acaban de gastar máis de 300.000 € do Plan E (outro exemplo do desastre desa medida improvisada do goberno Zapatero) nesa pista que agora non vale absolutamente para nada, desde logo non é apta para correr que é ao que se soen dedicar as pistas de atletismo menos no Tui de Rocha (apoiado por Capón) onde todo o normal no mundo civilizado non vale, pois ben, na nova din que é para finalizala, cando a realidade é que non se trata de finalizala, como se a obra estivese a medias, senón que a obra está rematadamente mal feita e “acabada” hai tan só hai uns meses. Pois ben coa crise que estamos a padecer, os cidadáns pagamos a incompetencia e irresponsabilidade dos señores do PP de Tui coa frioleira de 144.500 euros, e isto é só a punta do Iceberg, logo dirán que as administracións están endebedadas e que nos teñen que subir os impostos. Nun goberno de Converxencia unha metedura de pata (por pensar ben) deste calibre, requeriría a demisión inmediata do concelleiro de deportes por non falar dunha investigación a ver se é un problema exclusivamente de incompetencia ou dalgún outro tipo.

Ademáis os presupostos non encaixan no lado dos ingresos, o señor Rocha falanos de 344 pisos pero a empresa autorizada a facelos, que é Promo Atlántico parece que aínda non solicitou licenza de obras, polo tanto os presupostos de Tui son irreais, xa que parten da base dun ingreso que non está, nin moito menos, garantido que se vaia producir, e nun momento económico tan complicado como o actual moito menos.

Do que non sabemos nada é do volume de débeda do concello, como non fan nada é posible que non sexa moi alto ainda que como son tan malos xestores é probable que consigan algo complicado: estar moi endebedados a pesar de non facer nada.

Nova comentada do Faro

Continua a traxicomedia en Tui

Nestas últimas semanas a traxicomedia da política tudense deu unha nova viraxe, a nova negativa da Xunta a aprobar o Plan Xeral debido ás alturas que o alcalde pretende construir, para negocio propio, na finca Patazumba volve a colocar ao Partido Popular e a toda a corporación municipal diante do espello do seu estrepitoso fracaso. Neste momento a realidade sobre o Plan está clara e todos a saben ainda que só Converxencia se atreve a dicila Parte da entrevista na RMT na que se denuncia o que acontece co PXOM, o que nos da unha vantaxe política pero nos entristece como demócratas. Todo o mundo coincide en ámbitos políticos e xornalísticos en que Louzán (Presidente da deputación e do PP provincial) está moi interesado na fusión Capón-Rocha en Tui para conservar a Deputación e está presionando para que a Xunta aprobe un Plan ilegal, son sen embargo os técnicos da Xunta, e non os políticos do PP, os que sabedores de que hai un proceso penal en marcha sobre a Finca Patazumba que inclue ata cinco presuntos delictos do alcalde e outras persoas do PP de Tui, La juez imputa cinco delitos al alcalde de Tui por favorecer a su inmobiliaria, saben tamén que se aproban un plan ilegal a mesma acusación cae sobre eles (os técnicos da Xunta) ao estar o asunto sendo xulgado neste momento (subiudice) polo que estamos convencidos de que son os técnicos os que non queren ter problemas por aprobar unha ilegalidade que o Partido Popular é partidario de cometer.

Pero isto non é todo, agora Acción Tudense, partido de Capón Rey, que foi desprazado por Rocha da alcaldia por unha moción de censura no ano 98 e que sustentou o seu discurso político desde aquela na crítica a Rocha, hai uns meses comeza un achegamento que ainda non está explicado en absoluto, polo que debemos deducir que hai razóns ocultas dalgún tipo, sacándolle os presupostos adiante a un alcalde que recordemos que só conta co apoio directo de cinco concelleiros de nove necesarios, agora o caponismo fai o malabarismo impresentable de responsabilizar á Xunta da paralización do Plan en vez de acusar ao único responsable que é o seu antigo inimigo e actual amigo, Rocha e os seus intereses de negocio particular como só Converxencia se atreve a denunciar Entrevista completa a Carlos Padín na Radio Tui .

Capón e Ramón Alonso din agora que interrompen as negociacións para a fusión Capón-Rocha ata que se aprobe o plan, a nova no Faro de Vigo: Acción Tudense suspende la negociación con el PP hasta que se apruebe el PXOM aclarando iso si que o PP seguirá contando co seu apoio no concello para aprobar os presupostos, ou sexa fan unha reviravolta digna de campeón olímpico da trapallada, non acusan ao culpable da paralización do Plan que é Rocha senón que acusan á Xunta que neste caso está a facer o correcto e non contentes con iso garantenlle o seu apoio no concello a Rocha e ao PP, o que si fan é o paripé de que rompen as negociacións porque se dan conta de que o seu descrédito xa é tamén imparable, cando o que deberían de facer se tivesen interese real en que o Plan saise aprobado era por os seus catro concelleiros a disposición dunha moción de censura e dun goberno municipal de excepción ata as municipais do ano que ven que se dedicase exclusivamente a aprobar o Plan modificando as alturas da finca Patazumba que é o que hai que facer para que o Plan sexa aprobado de forma inmediata e é ao que Converxencia se compromete se ten responsabilidades de goberno a partir do ano que ven.

Case todo o mundo tiña claro a estas alturas que a operación “LA ALTERNATIVA” de Diz Guedes era unha operación política encamiñada a que nada cambiase en Tui, un verdadeiro timo da estampita incluso para varios dos membros da sua candidatura, neste momento o ex conselleiro está amortizado politicamente aparecendo implicado cada vez con máis forza na trama Gürtel de financiamento ilegal do Partido Popular, nova en Galicia Confidencial: Diz Guedes contratou catro veces coa Gürtel nun ano e no País: La Xunta de Fraga pagó a la Gürtel por un estudio del que no hay constancia pero cada vez está máis claro que o caponismo traballa na mesma liña: a continuidade do desastre en Tui e que Rocha, Diz Guedes e Capón non son senón tres caras do mesmo prisma, os tres responsables de que Tui teña perdido os últimos vinte anos.

Para agravar a bochornosa e ridícula situación política do noso concello aparece o BNG dicindo que a Xunta ten que indemnizar ao dono da finca Patazumba (a promotora da que Rocha é propietario) ou darlle unha edificabilidade extra noutra zona, o Bloque Nacionalista Galego ten a desvergoña de propor que sexamos os cidadáns (que somos os que financiamos a Xunta) os que lle paguemos a un alcalde-promotor que quere facer unha ilegalidade os seus negocios fallidos, isto é o que di o portavoz do BNG no concello: “entre esas solucións estaría indemnizar aos propietarios da Finca Patazumba polo recurte de edificabilidade ou ben permutar esa edificabilidade a outro lugar, segundo sinalaba Laureano Alonso” como podemos ler en Galicia Suroeste http://www.galiciasuroeste.info/tui.htm . A dereita tudense calificana os seus feitos pero tamén a inoperancia da esquerda tudense ante o peor goberno municipal imaxinable é absoluta e con declaracións como esta vai haber que deixar de falar de inoperancia e comezar a falar de connivencia.

De liberalismos, etiquetas e fraudes.

Todos os conceptos ideolóxicos están sometidos a evolución e transformación pero a carencia de partidos demócratas liberais nos países latinos, tanto europeos como americanos deixou ao concepto “liberalismo” non sinxelamente sometido á evolución senón sometido a un manoseo, manipulación indecente e ás veces apropiación indebida tanto por parte dos socialistas como por parte dos conservadores.

Os socialistas e comunistas acuñaron o termo neoliberalismo e aplicáronlle máis ou menos as características seguintes: beneficio dos amigos desde o poder, insensibilidade social, desenvolvemento de políticas que fan máis ricos aos ricos e máis pobres aos pobres, protección dos monopolios e oligopolios e de todos os privilexios en xeral.

Ao non ser o liberalismo políticamente forte nas nosas sociedades e non ter capacidade, polo tanto, de defenderse desa burda manipulación, esa mensaxe foi callando en amplas camadas da poboación. Simultaneamente, algúns membros de partidos conservadores, no caso español, do PP, comezaron a dicir que eran liberais, e non houbo ninguén con poder político ou mediático que estivese interesado en destapar esa fraude: os da esquerda encantados para poder reforzar a sua satanización do neoliberalismo e os conservadores tamén contentos ao fagocitar, ante a falta de competencia, ese espazo político e ideolóxico.

Pois ben, resulta que o liberalismo non ten nada que ver coa imaxe distorsionada que difunde a esquerda coa etiqueta “neoliberalismo”. Etiqueta que se ve reforzada coa apropiación do termo “liberal” que fai parte da dereita conservadora, (que ademais tende a comportarse segundo a caracterización pexorativa de socialistas e comunistas). O liberalismo que defende a Internacional Liberal e as organizacións demócrata liberais do centro e o norte de Europa é unha
ideoloxía de raigame progresista, e foi a principal impulsora do sistema democrático do que agora desfrutamos.

O liberalismo cre nas bondades da economía de mercado porque afirma que é a mellor forma de crear riqueza e asignar os recursos de forma eficiente, tamén cre no control por parte do Estado dos monopolios e oligopolios, que ao non funcionar como mercados competitivos tenden a abusar subindo prezos e baixando calidades. O liberalismo defende a igualdade de oportunidades como mecanismo de mobilidade social a través dun ensino accesible ás persoas en función da sua valía e interese e non dos recursos e dunha sanidade universal de calidade que pode ser de provisión
pública e/ou privada pero sempre garantindo o acceso universal.


O escrupuloso respecto aos dereitos humanos tamén forma parte do cerne do liberalismo. Uns medios libres (nunca financiados con diñeiro público para garantir o seu control antidemocrático, como fan PP, PSOE e BNG) que exerzan un control efectivo sobre o Poder. O Estado de Dereito, a igualdade ante a lei e a separación efectiva de poderes son principios básicos para nós. A historia demostra que a concentración de poder leva ao abuso e só a ideoloxía liberal prevé este problema e propón a adopción de controis e equilibrios para evitar eses abusos. O control político do poder xudicial español por parte de PP e PSOE é un exemplo de como non se deben facer as cousas en democracia. Os liberais cremos no papel subsidiario da administración pública, nuns impostos baixos e na importancia crucial da sociedade civil e da libre empresa.

O liberalismo abomina dos privilexios, que non molestan nin a socialistas nin a conservadores e tamén abomina do intervencionismo de ambos os dous, como o de Esperanza Aguirre con Caja Madrid e os partidos representados no Parlamento Galego coas caixas, ou o de Aznar asegurándose de que en Telefónica mandase un amigo seu da escola como Villalonga. O liberalismo é tamén pioneiro nunha loita polos dereitos civís á que despois se apuntou a esquerda: o dereito a unha morte digna libremente decidida polo individuo, á unión homosexual, á pertenza ao ámbito do privado da relixiosidade de cada persoa, á tolerancia entre distintas relixións e ideoloxías políticas, ao respecto ás minorias raciais, relixiosas, linguísticas, etc...

O liberalismo é, en fin, a ideoloxía causa e consecuencia da democracia liberal, que é un sistema que chegou aos países latinos despois da exitosa experiencia dos países máis avanzados do mundo, que apostaron pola democracia liberal como forma de gobernación. A inexistencia, ata a nosa chegada, dunha opción liberal no noso sistema político impide o máximo aproveitamento das bondades dun sistema que en mans de socialistas, comunistas e conservadores non pasa de burda copia feita polos que se encontraron con esta realidade sen crer, de principio, nela.