Onde está o diñeiro?

A AA.VV de Randufe informa que o concello de Tui cobrou da Xunta un subsidio de 43.118,70 euros no 2007 para pagarlle ao persoal da hipotética rehabilitación da casa escola de Randufe e resulta que a obra non se fixo nen se comezou ata hoxe, como denuncia a Asociación de Veciños desa parroquia, non é isto malversación de fondos públicos?.

Desde Converxencia queremos felicitar a AAVV de Randufe polo exercicio de cidadanía que implica denunciar algo que ten toda a pinta dunha malversación de fondos como unha catedral, despois ainda nos virán a subir os impostos porque non chega o diñeiro.

http://avderandufe.blogspot.com/2010/07/rehabilitacion-da-casa-escola-de.html

O sábado pasado repartimos uns 1.500 dípticos informativos COMO ESTE coas nosas propostas para Tui.

Estas son algunhas fotos da rolda de prensa e da acción de rua do pasado sábado:

http://www.flickr.com/photos/converxencia/sets/72157624417933244/show/

1 comment:

  1. Eso quixera saber eu! Anos e anos facendo o mesmo.
    Non pode ser! Eu sei un par de chalés ben lindos que teñan que ver con iso

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,