Ideas para o casco histórico de Tui

A clave de bóveda da recuperación do casco pasa pola aprobación do PECH, e quero insistir nisto por unha cuestión de xustiza e de responsabilidade, o PP foi incapaz de sacalo adiante en 20 anos, hai un conflito de intereses moi claro, ao noso alcalde interesalle que o casco vello caia a cachos para vender os pisos que el promove en rexime de monopolio de facto na zona nova (neste momento promoción da rua colón). Unha vez asignadas as responsabilidades da desfeita coa que nos encontramos e que se denuncian dunha forma extraordinariamente completa e ben documentada no blogue http://cascovellotui.blogspot.com/ pasemos ás propostas en positivo:

-Plan Especial do Casco Histórico: é unha ferramente imprescindible para que a propia oficina de rehabilitación do concello non lle teña que pedir permiso a patrimonio para cada obra que autoriza e poida axilizar moito mais as cousas e o acceso a subvencións.

-Toma de contacto coas persoas propietarias de casas en mal estado e deshabitadas (isto é importante porque alguén que viva ai e non teña medios para rehabilitar pois hai que deixalo), dar un prazo o suficientemente amplo (un par de anos) para que as vendan ou as rehabiliten, isto é moi intervencionista e como liberal non me fai sentir ben pero pareceme que é imprescindible.

-O concello paga medio millón de euros ao ano pola limpeza á empresa Orballo, é evidente que do casco vello non se preocupan en absoluto, o casco require un mantenimento. Ou o concello negociou mal ou non fai control.

-Teatro Principal, hai que rehabilitalo por dignidade e buscar unha formula que non lle resulte gravosa ao concello que non anda moi ben de cartos a pesar de que non fan nada. É un polo de atracción para a zona mais morta do casco.

-Inicio dos tramites para a declaración de patrimonio da humanidade Tui-Valença. O PP de Tui, ante a desesperación dos viciños valencianos, non moveu nen un dedo neste asunto. Isto leva anos de traballo conseguilo pero no momento que se consega o boom turístico e as posibilidades de negocio limpo conseguintes son enormes. Estamos a falar dun casco vello onde gran parte dos baixos poidan estar ocupados con locais de hosteleria e comercio coa conseguinte xeración de emprego e riqueza.

-Unha vez que o casco deixe de dar pena, hai que investir en promoción turística e publicitaria pero antes hai que gastar todo en adecentar, seria absurdo promocionar o desastre actual por moitos favores que lle debamos aos que oculten as nosas vergoñas. A posibilidade de atraer cruceiristas de Vigo a Tui-Valença pode ser unha mina de ouro pero claro, non lle podemos ensinar o desastre que temos agora.

-Aparcamento, a min gustame a idea dun parking subterraneo na corredoira que de servizo ao casco vello e á cidade nova. Habería que ver a viabilidade técnica e antes habería que abrir a Rua Ourense para desatascar a corredoira e non colapsar a cidade polas obras, por certo é o terceiro ano que a abertura da rua Ourense aparece nos presupostos anuais do noso querido concello, como todos podemos ver está sen executar.

2 comments:

  1. Si, señor, aparte de dinidade e palabras bonitas apostas claras e concretas. Como pode ser que a pesar de ser político digas as cousas tan claras? Que che dure esta linguaxe!
    Eu persoalemente estou encantado co que dis pero quero ler máis.

    ReplyDelete
  2. "A clave de bóveda da recuperación do casco pasa pola aprobación do PECH".
    Atinaches de pleno coa primeira frase. Ese documento é chave, porque como ben apuntas todos os problemas de permisos de patrimonio ficarían resoltos. O PECH elaborado dota a cada predio e a cada casa dunha ficha onde di o que se pode facer. Calquera pedimento para rehabilitación, construción, etc. resólvese no ámbito de Concello como calquera outra licenza. Eso si tendo que cinguirse ao contemplado na ficha correspondente.
    O suceso na mellora que experimentou Allariz, a partir da chegada do BNG ao goberno local hai xa máis de vinte anos, non se explica sen a elaboración do seu plan, que foi o motor que permitiu recadar subvencións e sacar adiante o desenvolvemento desa vila. Daquela algúns dos veciños eran reticentes polas limitacións que traia consigo, xa que ata aquela cada quen facía como lle petaba, (un chantaba unha porta de aluminio, outro modificaba a casa sen criterio de respecto ningún,...). Cando viron o que traía consigo xa dende o principio, veciños que tiñan a súa casa fóra da zona protexida querían ser incluídos.
    En troca os vinte anos de gobernos do PP en Tui foron vinte anos perdidos, foi sendo Capón alcalde cando comezaron coa elaboración do PECH, ...e aínda non remataron. Por que? Unha causa pode ser a que ti apuntas, interese en colocar no mercado promocións inmobiliarias; eu ademais engado unha que xa apuntei noutro fío, sinxelamente non cren na protección; para os gobernos dos últimos vinte anos son só afeccións das que non se poden librar, mais que intentan trampear. Non so foi Rocha, imos dicilo con claridade, sendo Capón alcalde houbo todo un proceso de deterioro na protección do que se ven chamando "zona de respecto", asunto no que os gobernos de Rocha seguiron igual. Vinte anos perdidos para Tui.
    Ricardo Alonso.

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,