Visita ao agredido polo alcalde

Aproveitando estes días de agosto achegueime a visitar, para expresarlle o meu apoio e a miña solidariedade, a José Fontán Gómez, veciño de San Bartolomeu, parroquia de Rebordáns que fora agredido fisicamente polo alcalde á saida dun pleno. A única culpa do señor Fontán foi dicirlle a verdade ao alcalde, dicirlle que en Tui praticamente só pode construir él, ou a promotora do seu fillo da que o alcalde é apoderado, que ven sendo o mesmo.


A arbitrariedade do señor alcalde nas cuestións urbanísticas é incrible, ata o punto de crear unha situación moi próxima ao monopolio no noso concello, unha porcentaxe moi elevada das vivendas á venda no noso concello corresponden a promocións do entramado de construtoras e promotoras controladas polo alcalde. O señor Rocha tamén xoga coa paralización do Plan Xeral de Ordenación Municipal no seu beneficio persoal, xa que mentres o Plan está paralizado ten máis posibilidades de que as suas promocións se vaian vendendo porque non hai onde escoller. Hai que ver que liberais son estes señores.

Ese foi o pecado do señor Fontán, atreverse a dicirlle a verdade ao señor alcalde, non teño palabras para describir a situación na que un señor fai trampas e se aproveita da sua situación no poder para favorecer os seus negocios privados a costa do resto de cidadáns e empresas de Tui, xa isto é terriblemente grave de por si que inda por riba quen se atreve a dicilo recibe como premio unha agresión física. O señor Rocha está conseguindo que unha cidade nobre e histórica como Tui que non merece este desprestixio se pareza cada vez menos a Alemaña ou Francia e cada vez mais a Zámbia ou ao Congo.

Esperemos que o señor Rocha e o Partido Popular de Tui non caian na senda do radicalismo e na tentación de seguir utilizando a violencia para fins políticos, os tudenses somos xente pacífica, tranquila, moderada e civilizada e non llo perdoaríamos.

Deixo dous vínculos a novas aparecidas na prensa en relación a este suceso da agresión física do alcalde ao señor Fontán:

Juzgado el alcalde de Tui por agredir a un jubilado

Un vecino denuncia en el juzgado la agresión del alcalde de Tui

6 comments:

  1. Ola Carlos, admiro o teu traballo á fronte de Converxencia XXI. Agardo que continúes por este camiño e, como ti dis, con paciencia.

    En Galicia endexamais existiu unha opción política como é CiU en Catalunya, ate agora. Con Converxencia XXI no parlamento Galiza terá futuro e ti terás sido o salvador do pobo galego.

    Os do BNG deben entender que haxa unha forza galeguista de centro. Deben entender que a esquerda non é a única opción para Galicia.

    Saúde e segue así!!
    Un coruñés de Galicia.

    ReplyDelete
  2. Grazas coruñés pero non se trata de salvadores, tratase dun esforzo colectivo no que todo debemos participar, aproveito para convidarte a sumar esforzos connosco.

    ReplyDelete
  3. Moitas grazas a vos.

    Na Coruña presentaredesvos ás vindeiras eleccións municipais?? e hai algún grupo de Converxencia formado??

    ReplyDelete
  4. A ver se te poideras achegar a unha reunión que celebraremos o próximo día 18 na Coruña no
    Matthew's Irish Bar
    Praza da Galera s/n.

    Ademais se queres receber o noso mailing envia o teu correo a info@converxencia.eu

    Saudos

    ReplyDelete
  5. Como estou estudando en Lugo, estes días non podo pasar pola Coruña pero enviarei o meu correo para receber o mailing e estar atento aos eventos que celebredes.

    Moitas Grazas!! Saudos!

    ReplyDelete
  6. Eso es cierto, a mi tambien me pasó algo parecido. El Sr. Alcalde le dio orden a la policia municipal de que no parase una obra ilegal y sin licencia porque el que la hacia era amiguito suyo, da igual que hayamos denunciado si despues el alcalde hace lo que le da la gana. Aqui en Tui parece que lo que funciona es la ilegalidad y el robo, a ver si cambiamos ya de alcalde porque este ya se lucró bastante estando ahi y se va de rositas.

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,