As peticións de Areas sobre o Vial Tui-A Guarda

Desde hai xa uns meses estamos seguindo nos medios o proxecto e construcción da Autovia de Tui á Guarda, que atravesa a parroquia de Areas, o caso é que neste proxecto, como en tantos outros proxectos de obras públicas no noso País, podese ver con facilidade a improvisación na toma de decisións, as hipotecas de decisións anteriores erradas ou directamente ilegais, como tamén pasou no caso de Areas, e da ampliación irregular do seu polígono que invadiu o terreno que anteriormente estaba previsto para o paso da autovia e que obriga agora a invadir terreno de casas que non se deberían ter visto afectadas pola autovia e que agora si o están.




O domingo 9 de xaneiro fun guiado durante duas horas por Marcos Gómez e por Juan Carlos Boo da "Plataforma de Afectados de Areas polo vial Tui - A Guarda" por toda a zona e fóronme explicando as peticións viciñais entre as que destaca a necesidade dun acceso directo desde a autovía ao polígono que inicialmente non está contemplado, unha petición non só razoable senón irrenunciable e que Converxencia XXI de Tui fai propia polos seguintes motivos:

1- O actual acceso ao polígono pasa debaixo dunha ponte cun gálibo limitado que xa ten xerado problemas para o paso de certo tipo de transportes. É evidente en calquera lugar que o acceso a un polígono industrial non pode ter este tipo de limitacións.

2- A necesidade de afastar o tránsito pesado das vias secundarias por motivos de seguridade e para evitar os colapsos que ás veces se producen no actual acceso ao polígono.

3- A prevista ampliación do polígono requireo.

4- É unha solución máis barata e mellor que a alternativa que baralla o señor Rocha de ampliar a actual estrada da Guarda o que resulta a todas luces absurdo despois da construción da autovia.

5- Nengún País serio do mundo pode consentir que o seu chan industrial esté ao lado dunha via de alta capacidade sen que estén debidamente conectados.


Ademais deste tema, que considero que é o central neste asunto, hai algúns problemas máis, fundamentalmente a eliminación do acceso ao lugar do Carballo e a sua sustitución claramente insatisfactoria polo camiño que aparece na seguinte foto cuxo asfaltado non está previsto e que é moi estreito e que pasa entre duas casas o que imposibilita o seu ensanchamento.





Tamén puiden ver o problema xerado coa xestión deficiente das augas pluviais, a autovia constitue unha barreira á auga que baixa dunha extensión moi considerable de monte e que se concentra todo nun tubo ao que despois non se lle da máis saida que deixalo caer, creando un verdadeiro caos como se pode ver nesta foto tirada no mes de outubro e facilitada polos membros da Plataforma Viciñal.



Enchendo desta maneira terrenos privados de lama e terra e asolagando algunhas zonas como este lavadeiro.



Se temos responsabilidades de goberno a partir das eleccións de maio exixiremos á Xunta a construción do acceso directo da autovia ao polígono, e a Xunta simplemente non se poderá negar porque é a solución máis barata e lóxica para beneficio das empresas instaladas no polígono e de todos os cidadáns de Areas. E se os votantes nos ubican na oposición encargaremonos de que calquera decisión noutro sentido teña que ser moi pero que moi ben explicada.

No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,