O concello minte sobre as causas da contaminación da auga

Reproduzo unha nota de prensa de Converxencia XXI de Tui:

O concello de Tui minte no bando municipal do 23 de febreiro ao atribuir a non potabilidade da auga, falsamente, aos labores rotineiros de limpeza dos depósitos incurrindo en posible delicto contra a saude pública. O día 21 do mesmo mes, é dicir dous dias antes do bando do concello, a conselleria de sanidade advirte da presenza de Trihalometanos no Colexio de Randufe, estes compostos orgánicos xeranse no contanto entre materia orgánica e o cloro e son nocivos para a saude humana, atribuindoselles EFECTOS CANCERÍXENOS: VEXIGA, MAMA E PULMÓN, ADEMAIS DE PERXUDICAR AO FÍGADO E RILES.

É dicir, o goberno municipal de Tui do PP,  deixa pasar dous días sin informar á cidadania e cando o fai minte, e minte nun asunto de saude pública!.

Os trihalometanos producense  ao combinarse un exceso de materia orgánica contida na auga co cloro engadido para desinfectala. Dado que o cloro se engade á auga despois de pasar polos filtros, deducese que estes non son eficaces ou ben por falta de mantenimento ou ben porque o material filtrante (area) non é o adecuado, os científicos recomendan filtros de carbono activo, e non din, como afirma o alcalde, que teñen outros efectos polo que exiximos unha explicación pública ao respecto.  

A falta de veracidade do bando non cabe xustificala alegando que non se quere alarmar á cidadanía, pois neste caso a alarma é moi necesaria para procurar evitar riscos sanitarios, máxime cando é imposible que a información  chegue a todo o mundo. Por esta razón, baixo ningún concepto, se debe suministrar auga que atenta contra a saude da cidadanía. Concluimos, polo tanto, que o goberno municipal do Partido Popular por non respectar non respecta nen a saude dos cidadáns.

Por todo isto Converxencia XXI exixe a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar un asunto de máxima gravidade, dado que o goberno municipal o que busca é eludir responsabilidades gravísimas recordamos que só é necesario o apoio cinco concelleiros para facelo mentres a hipotética oposición institucionalizada suma 10 concelleiros, Capón(4), BNG(2), Diz Guedes(2) e PSOE(2) teñen unha boa oportunidade para demostrar que queren comezar a cumprir o seu deber de defender, neste caso algo tan importante como a saude, dos cidadáns do noso concello.

A continuación os dous documentos mencionados: a acta de inspección sanitaria e o bando do concello.

Acta da inspección sanitaria no colexio de Randufe

Bando do concello que informa tarde e mal.

O galeguismo do século XXI.

Fun convidado a dar a nosa visión sobre o galeguismo do século XXI na facultade de Ciencias Políticas de Santiago, é para min unha satisfacción voltar á casa onde me formei a tratar de transmitir a innovadora visión do galeguismo de Converxencia XXI. A charla será ás seis da tarde do vindeiro mércores, o xoves ás sete da tarde voltarei a recordar vellos tempos no mesmo lugar, na presentación de "Galeguismo e Liberdade" na que me acompañará o prologuista Miguel Anxo Bastos e o vicepresidente da GALIDEM e candidato á alcaldia de Santiago, Fernando del Rio.


Que está pasando na Macoca? (2)

Nesta postaxe voume centrar en desenvolver un dos aspectos máis sangrantes do que está acontecendo entorno á pista de atletismo da Macoca, que o goberno municipal do señor Rocha está ainda a executar, o vinte de decembro publiquei unha primeira entrada sobre este asunto que recomendo ler Que está pasando na Macoca? (1) , e aqui falarei dunha das partidas dese tragadeiro de diñeiro dos contribuintes que non se sabe a onde vai xa que desde logo non casa de ningunha maneira os presupostos das adxudicacións co que realmente se fixo alí. Refírome ao cerramento da pista.


Cerramento xa rematado das instalacións da Macoca

Puiden acceder a un presuposto elaborado por Fontenelle coa base de datos PREOC, de acceso público en www.preoc.es , todo parece indicar que estamos perante unha malversación de fondos públicos porque esa base de datos é a mesma que di que utilizou o concello  para determinar o presuposto dese cerramento avaliando partida por partida o aprobado no pleno, o dato final que establece a comparativa é estremecedor, o custo real da obra seria de 122.598, 47 €
Resumo do orzamento do cerramento da Macoca. Ao final do artigo desglose completo.


Como se pode ver no anterior resumo obsérvase que o custo real da obra está moi alonxado da cantidade que o concello presupostou e a Deputación pagou e que ascende á frioleira de 197.865,43 € como se pode ver no cartaz da obra fotografado, no mesmo cartaz podemos ver como a adxucataria da obra é tamén Belypa, a mesma construtora que despois de facer mal a pista a primeira vez foille contratado a seu arranxo 

Cartaz de adxudicación da obra da Deputación de Pontevedra

Se temos en conta o que se presupostou pola excelentísima Deputación (197.865,43 €) e custo real das obras (122.598,47 €) encontramonos cun descadre enorme, como en moitas das obras nas que as institucións do Partido Popular, o alcalde Rocha e as construtoras Belypa ou Altrasan aparecen implicadas.

Ademáis, porque figuran partidas que non se executaron?, parece que se inventaron partidas, fixose un orzamento para un cerramento completo (cando alí xa existía un muro existente) onde saiu tanta terra para compactar?. Hai varias partidas que non se entenden "Excavación mecánica en zanjas t. flojo" (235,50 m³) para que se fixeron estas zanjas?, "Hormigón HA-25/P/40" 130m³. Para que tanto formigón? Se o muro é existente onde se meteu este formigón, só para as gradas?, "Fábrica Bloque H. Gris" 598m². O muro de bloque era existente. non se fixo un muro novo. Reconstruiuse parte do muro, sendo a parte reconstruida moi inferior á cantidade que aparece no orzamento. En definitiva o desvio de 75.000 € é supondo que as partidas fosen reais pero parece que varias non o son e que o desvio de fondos públicos podería ser ainda maior. 

A continuación o presuposto detallado partida por partida que permite observar como os importes reflectidos na acta municipal de maio de 2010 son sempre superiores ao custo real de cada unha das partidas o que demostra de forma moi clara a falta de ética, moral e respecto aos cidadáns co que os señores do Partido Popular utilizan os nosos cartos.





Malversación de fondos en Randufe?

Xa en xullo do ano pasado saiu á luz unha das constantes trapalladas do goberno municipal do Partido Popular, puñase de manifesto a existencia dunha subvención recibida polo concello de Tui no 2007 para rehabilitar a Casa Escola de Randufe, no decreto da alcaldia que expoño a continuación podemos ver como lle é concedida ao Concello con data 5 de setembro de 2007 unha subvención de 43.118, 70 €  para a contratación de persoal para a obra de rehabilitación da Casa Escola de Randufe, ese diñeiro élle ingresado ao concello o 3 de decembro do mesmo ano 2007 e finalmente vemos como o concello devolve á Xunta con data 4 de xuño de 2010 o importe de 296,36 € que, segundo o goberno municipal, é o que sobrou da subvención, ainda que as matemáticas non son o meu forte 43.118, 70 € - 296,36 € = 42.822, 34 €, cantidade esta última que supostamente gastou o concello na Casa Escola.



En definitiva, vendo o documento anterior calquera daria por feito que a Casa Escola de Randufe estará perfectamente rehabilitada, sen embargo, calquera que a vexa poderá ver que non é así, que o edificio permanece nun estado ruinoso como podemos ver na foto tirada a finais de xaneiro.



A pregunta que a todos se nos pasa inmediatamente pola cabeza é, onde están os 42.822, 34 €, señores do Partido Popular de Tui?. Como continuemos moito máis tempo co raposo a cuidar das galiñas cando vaiamos ver o curral encontraremonos cunhas cantas plumas espalladas polo chan.


Nova ao respecto publicada no blogue da AAVV de Randufe  Rehabilitacion da Casa Escola de Randufe... cando?

Reivindicando a Gelucho

Ángel Álvarez Durán, coñecido popularmente por Gelucho, foi alcalde de Tui durante oito anos, entre 1979 e 1987, nesa altura eu era un neno de entre seis e catorce anos e escoitaba falar ao meu pai (Ricardo Vázquez Cardeiro) con moita frecuencia del, era natural que falase del xa que o meu pai traballaba no concello como Secretario e polo tanto convivian no traballo a diario.


Como un acto de xustiza histórica gustaríame reinvidicalo como o mellor alcalde da democracia na nosa cidade, un alcalde honrado e que foi quen de executar o proxecto do ensanche que hoxe forman as ruas Compostela, Ourense, Mondoñedo, etc. A forma na que se urbanizou esa zona de expansión da cidade foi exemplar e non só en Tui senón mesmo en toda Galicia onde simplemente non se encontran desenvolvementos urbanísticos comparables nas décadas do 70, 80 e 90. Na foto de abaixo a Rua Compostela, que poderiamos considerar paradigmática do modelo urbanístico defendido polo noso protagonista e na que teño a sorte de vivir.



Os 23 anos transcorridos desde que Gelucho deixou a alcaldía permitenos valorar en toda a sua dimensión e importancia o seu labor, sobre todo se o comparamos co dos seus sucesores do Partido Popular (Diz Guedes, Capón Rey e Fernández Rocha), abaixo a Rua da Guarda que tamén podemos considerar paradigmática pero neste caso do modelo urbanístico do Partido Popular de Tui.


Convén recordar que estamos a falar de ruas paralelas e que deberian ter seguido unha planificación similar posto que é posterior a rua da Guarda á rua Compostela, sen embargo onde Gelucho colocou duas aceras anchas o Partido Popular colocou unha estreita, onde Gelucho colocou duas filas de aparcamento en bateria o Partido Popular colocou unha e onde Gelucho planificou duas direccións o Partido Popular meteu dirección única. Co PP, grazas a Deus vamos cara atrás en planificación urbana, entre outras moitas cousas.


Como unha forma efectiva de reinvindicar a bagaxe política dese prohome da transición en Tui logrei convencer a Jesús Alonso, último concelleiro eleito nunha lista encabezada polo primeiro alcalde da democracia e que estivo no concello en Tui entre 1995 e 1999, de que apostase polo proxecto rexenerador e de futuro de Converxencia XXI, a petición propia, Jesús virá nun posto do final da lista para avalar a nosa candidatura.