O concello minte sobre as causas da contaminación da auga

Reproduzo unha nota de prensa de Converxencia XXI de Tui:

O concello de Tui minte no bando municipal do 23 de febreiro ao atribuir a non potabilidade da auga, falsamente, aos labores rotineiros de limpeza dos depósitos incurrindo en posible delicto contra a saude pública. O día 21 do mesmo mes, é dicir dous dias antes do bando do concello, a conselleria de sanidade advirte da presenza de Trihalometanos no Colexio de Randufe, estes compostos orgánicos xeranse no contanto entre materia orgánica e o cloro e son nocivos para a saude humana, atribuindoselles EFECTOS CANCERÍXENOS: VEXIGA, MAMA E PULMÓN, ADEMAIS DE PERXUDICAR AO FÍGADO E RILES.

É dicir, o goberno municipal de Tui do PP,  deixa pasar dous días sin informar á cidadania e cando o fai minte, e minte nun asunto de saude pública!.

Os trihalometanos producense  ao combinarse un exceso de materia orgánica contida na auga co cloro engadido para desinfectala. Dado que o cloro se engade á auga despois de pasar polos filtros, deducese que estes non son eficaces ou ben por falta de mantenimento ou ben porque o material filtrante (area) non é o adecuado, os científicos recomendan filtros de carbono activo, e non din, como afirma o alcalde, que teñen outros efectos polo que exiximos unha explicación pública ao respecto.  

A falta de veracidade do bando non cabe xustificala alegando que non se quere alarmar á cidadanía, pois neste caso a alarma é moi necesaria para procurar evitar riscos sanitarios, máxime cando é imposible que a información  chegue a todo o mundo. Por esta razón, baixo ningún concepto, se debe suministrar auga que atenta contra a saude da cidadanía. Concluimos, polo tanto, que o goberno municipal do Partido Popular por non respectar non respecta nen a saude dos cidadáns.

Por todo isto Converxencia XXI exixe a convocatoria dun pleno extraordinario para tratar un asunto de máxima gravidade, dado que o goberno municipal o que busca é eludir responsabilidades gravísimas recordamos que só é necesario o apoio cinco concelleiros para facelo mentres a hipotética oposición institucionalizada suma 10 concelleiros, Capón(4), BNG(2), Diz Guedes(2) e PSOE(2) teñen unha boa oportunidade para demostrar que queren comezar a cumprir o seu deber de defender, neste caso algo tan importante como a saude, dos cidadáns do noso concello.

A continuación os dous documentos mencionados: a acta de inspección sanitaria e o bando do concello.

Acta da inspección sanitaria no colexio de Randufe

Bando do concello que informa tarde e mal.

No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,