Reivindicando a Gelucho

Ángel Álvarez Durán, coñecido popularmente por Gelucho, foi alcalde de Tui durante oito anos, entre 1979 e 1987, nesa altura eu era un neno de entre seis e catorce anos e escoitaba falar ao meu pai (Ricardo Vázquez Cardeiro) con moita frecuencia del, era natural que falase del xa que o meu pai traballaba no concello como Secretario e polo tanto convivian no traballo a diario.


Como un acto de xustiza histórica gustaríame reinvidicalo como o mellor alcalde da democracia na nosa cidade, un alcalde honrado e que foi quen de executar o proxecto do ensanche que hoxe forman as ruas Compostela, Ourense, Mondoñedo, etc. A forma na que se urbanizou esa zona de expansión da cidade foi exemplar e non só en Tui senón mesmo en toda Galicia onde simplemente non se encontran desenvolvementos urbanísticos comparables nas décadas do 70, 80 e 90. Na foto de abaixo a Rua Compostela, que poderiamos considerar paradigmática do modelo urbanístico defendido polo noso protagonista e na que teño a sorte de vivir.



Os 23 anos transcorridos desde que Gelucho deixou a alcaldía permitenos valorar en toda a sua dimensión e importancia o seu labor, sobre todo se o comparamos co dos seus sucesores do Partido Popular (Diz Guedes, Capón Rey e Fernández Rocha), abaixo a Rua da Guarda que tamén podemos considerar paradigmática pero neste caso do modelo urbanístico do Partido Popular de Tui.


Convén recordar que estamos a falar de ruas paralelas e que deberian ter seguido unha planificación similar posto que é posterior a rua da Guarda á rua Compostela, sen embargo onde Gelucho colocou duas aceras anchas o Partido Popular colocou unha estreita, onde Gelucho colocou duas filas de aparcamento en bateria o Partido Popular colocou unha e onde Gelucho planificou duas direccións o Partido Popular meteu dirección única. Co PP, grazas a Deus vamos cara atrás en planificación urbana, entre outras moitas cousas.


Como unha forma efectiva de reinvindicar a bagaxe política dese prohome da transición en Tui logrei convencer a Jesús Alonso, último concelleiro eleito nunha lista encabezada polo primeiro alcalde da democracia e que estivo no concello en Tui entre 1995 e 1999, de que apostase polo proxecto rexenerador e de futuro de Converxencia XXI, a petición propia, Jesús virá nun posto do final da lista para avalar a nosa candidatura.


No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,