Debate sobre os aeroportos


Hoxe xoves, de 10 a 11:30 da noite, estarei no programa de Tele Miño (Ourense), Debate Punto Crítico, no que se debaterá sobre o sistema aeroportuario galego. Outros convidados ao programa son o presidente da Confederación Galega de Empresarios, o Presidente a federación galega de Axencias de viaxe, o voceiro do concello de Vigo e o tenente de alcalde de Santiago do BNG.

O programa podese sintonizar en directo nas seguintes televisións locais: Telemiño (Ourense), Santiago TV (Santiago), Dez.tv (Lalín) y Televinte (Chantada). Tamén se poderá seguir en directo no canal 133 de R e na web www.teleminho.com . Emiteno en diferido Canal Rías Baixas (Salnés), o xoves ás 23,00 horas; A Sete (Monforte de Lemos, ), o venres ás 22,30, e Localia A Coruña, o venres ás 22,00 horas. 

En resumo os tudenses que o queirades ver só vos queda a opción da web xa que ainda non temos R e só Rocha sabe porqué.

Converxencia XXI culpa ao concello da paralización urbanística

NOTA DE PRENSA DE CONVERXENCIA XXI DE TUI:

O secretario xeral de Converxencia XXI e candidato a alcalde de Tui, Carlos V. Padín, lamentou onte a "nova paralización do urbanismo tudense", e responsabilizou dela o equipo de goberno municipal, pola súa torpeza, incapacidade de xestión e gañas de usar o urbanismo do noso concello para proveito das empresas das que o alcalde é apoderado.

Ante o recurso de reposición presentado pola asociación cultural Arcebispo Lago, Converxencia XXI quere afirmar con rotundidade que "Quen ten a culpa non é quen esixe cumprir a lei, senón quen fai todo o posible por enganar, saltar a lei e saltar o procedemento no seu beneficio persoal. E nunca mellor dito o de beneficio persoal", asegura Carlos V. Padín. 

Padín asegura que, de chegar a formar parte do goberno de Tui, Converxencia XXI procurará solventar de forma prioritaria as carencias detectadas no PXOM en 2004, que seguen sen ser subsanadas. "O concello ten paralizado o urbanismo de Tui porque a Xunta, con toda a razón, sinalou deficiencias de calado no seu día. E dende entón xa pasaron sete anos e o concello non foi capaz de amañalas", ainda que o conselleiro Hernández, atendendo a intereses do seu partido, tomase a decisión de aprobalo parcialmente, sinalou Carlos V. Padín. 

Para Padín, o plan actual de urbanismo "está deseñado para o desenvolvemento dos negocios do alcalde e non para o desenvolvemento urbano de Tui". "De feito", engade o alcaldable converxente, "o PXOM aprobado limita moitísimo a edificabilidade no rural para aumentala nos terreos das promotoras das que o alcalde é apoderado". Para Converxencia XXI, que se presenta por primeira vez ás eleccións en Tui, o importante é conseguir un PXOM que respecte a legalidade, e que favoreza o desenvolvemento social e urbano de Tui, e non dunha promotora en concreto.