AGRADECEMENTO

Estimados concidadáns,

No meu nome propio e no de todos os afiliados e candidatos tudenses de Converxencia XXI quixera agradecervos o voso determinante apoio para a entrada do noso partido na corporación municipal de Tui, resultado que sen dúbida, supón un éxito sen precedentes xa que é a primeira vez que un partido montado desde a nada logra representación no noso concello o que indica o determinante que pode chegar a ser o noso proxecto no futuro podendo xa traballar desde dentro do concello.

Grazas en definitiva aos que votastes a Converxencia e aos que non o fixestes dicirvos que continuaremos a traballar o mellor que poidamos para gañar a vosa confianza, asumimos con responsabilidade o papel que os cidadáns nos outorgaron na oposición e seguiremos a loitar para defender a democracia, o progreso e a liberdade no noso concello e en toda Galicia.

Saudos,

PETICIÓN DE VOTO

Estimado Concidadán, Estimada concidadá,

O próximo domingo son moitas as cousas que nos xogamos en Tui, xogámonos que as persoas poidamos prosperar en liberdade, que a administración cumpra dunha forma áxil e eficaz a sua función, que non nos suban máis os impostos, que as infraestruturas melloren, que o noso potencial turístico sexa aproveitado para crear emprego e que o diñeiro público sexa usado para o ben público. Necesitamos renovar o goberno local, e necesitamos unha renovación na forma de facer as cousas e non persoas máis novas que fagan o mesmo.

Espero que Converxencia XXI se teña feito merecedor da tua confianza nestes dous anos trasladando de forma serena pero moi clara e firme que vimos para traballar de forma incansable e insobornable a favor dos intereses do conxunto dos cidadáns de Tui, sen importarnos nada en absoluto enfrentarnos, se é necesario, ao status quo que pretende que o noso concello non progrese para seguir mantendo un control parasitario.

A presentación dunha denuncia ante a fiscalia polo que nos cremos que é unha moi posible malversación de fondos públicos mentres a oposición presente no concello calaba por completo en relación a un tema sangrante, demostra de forma clara e innegable o que estou a dicir.

Pidoche en definitiva que nos emprestes por catro anos a tua confianza porque temos demostrado que somos a verdadeira garantia de cambio en Tui, a verdadeira garantia de que os cidadáns de Tui sexamos finalmente respectados pola administración e o goberno que financiamos como contribuintes. Tendo xerado un círculo virtuoso que afecta ás demais forzas políticas que levaban sesteando moitos anos, a mellor forma de contribuir a reforzar ese círculo virtuoso onde todos os políticos teñamos incentivos para mellorar constantemente é, neste momento, votar a Converxencia.

Hoxe venres ás nove da noite celebraremos o MITIN DE PECHE DE CAMPAÑA no Parador.

Un saudo e grazas pola tua atención,

Carlos Vázquez Padín


Entrevista realizada hoxe 16 de maio en Radio Tui

Entrevista onde fun preguntado polos seguintes temas:

  • Deporte
  • Emprego
  • Os principais problemas de Tui e a solución aportada.
  • Cara onde ten que camiñar Tui no futuro
  • Cal seria a primeira acción a executar no caso de gobernar os próximos catro anos
  • No caso de non haber maioría absoluta cal sería a sua postura ou disponibilidade para formar goberno.



  (Link)

Denuncia ante a fiscalia polo Caso da Macoca

Á FISCALÍA DE PONTEVEDRA

Tui, 13 de maio de 2011.

O Concello de Tui destinou dende o ano 2010, en catro partidas presupostarias diferentes, a cantidade de 652.267,38 € para a transformación dunha pista deportiva nunha pista de atletismo no lugar de A Macoca, na subida ó Monte Aloia, que a data de hoxe aínda non se puxo en uso. Usando para a exposición de motivos do presente escrito só a partida presupostaria segunda, con un orzamento de 197.805, 43 €, ponse de manifesto o seguinte:

  

FEITOS CONSIDERADOS:

PRIMEIRO: O Concello de Tui redacta presuposto e medicións para obra de “cerramiento exterior instalaciones deportivas A Macoca” asinado polo aparellador municipal, Jose Mª Melero González, en xullo de 2009 (ANEXO I)

SEGUNDO: A Diputación Provincial de Pontevedra adxudica definitivamente a Belypa Construcciones a execución da obra citada según se constata en acta asinada e datada a 11 de maio de 2010 (ANEXO II)

TERCEIRO: O aparellador municipal emprega para a estimación do custo das obras unha das posibles bases de prezos homologadas para a presupostación de obra pública en España, concretamente a “Base de Precios de la Construcción y Obra Pública, PREOC 2009”, tal e cómo se desprende da codificación  empregada para as partidas de obra (segundo se observa no ANEXO I)

CUARTO: Constátase que os prezos das unidades de obra presupostados polo aparellador municipal son máis elevados cos homologados na “Base de Precios de Obra Pública y Construcción 2009, PREOC 2009”, deste documento aportase extracto coas páxinas que conteñen as unidades de obra referenciadas no presuposto municipal (ANEXO III)

QUINTO: O descadre respecto da base de prezos oficiais é de 53.436,39 €, un 37 %, superior ó que é o seu prezo de mercado tal e cómo determina a base de prezos referenciada, así se desprende do presuposto comparado adxunto. (ANEXO IV)

SEXTO: Non se entende porqué determinadas partidas teñen prezos excesivos. A modo de exemplo a referencia D37TM001, ml Grada Prefabricada Hormigón, multiplica por dez o seu prezo e a referencia D04IE003, m3 Horm. HA-25/P/40/IIa zanjas v. man, ten un prezo de 240,05 € por unidade de obra cando os prezos ofertados polas constructoras locais e comarcais non superan os 150 €.

SÉPTIMO: Constátase na visita ás instalacións que as medicións, e polo tanto, as cantidades de unidade de obra presupostadas son superiores ó realmente executado. A modo de exemplo, a partida D04IE003, m3  Horm. HA-25/P/40/IIa zanjas v. man, cuantificada en 130,5 m3, cando se observa que boa parte desas cimentacións e muros perimetrais existían con anterioridade ao inicio das obras cómo o demostran os líquenes e vexetación incrustados sobre e nos extremos delas (ANEXO V). O mesmo sucede coa partida D02TF151, m3 relleno y compac. mecán. s/ aporte, cuxo importe ascende a 35.632,52€ e se cuantifica en 3.521,00 metros cúbicos de terra, cando o lugar onde se ubican as instalacions deportivas, cuxo cerramento exterior se presuposta, mantense na mesma rasante dende hai anos.


FUNDAMENTOS DE DEREITO:
Son de aplicación xeral as disposicións recollidas na LEY 30/2007  de 30 de outubro de Contratos do Sector Público (LSCP) e en particular os seus artígos:

Art. 74 no seu apartado 2. No podrá fraccionarse un contrato con la finalidad de disminuir la cuantía del mismo y eludir así los requisitos de publicidad o los relativos al procedimiento de adjudicación que correspondan. E no seu apartado 3  Cuando el objeto del contrato admita fraccionamiento y así se justifique debidamente en el expediente, podrá preverse la realización independiente de cada una de sus partes mediante su división en lotes, siempre que éstos sean susceptibles de utilización o aprovechamiento separado y constituyan una unidad funcional, o así lo exija la naturaleza del objeto.

Se ademáis temos en conta o Art. 29 da LSCP Remisión de contratos al Tribunal de Cuentas. No seu apartado 1 Dentro de los tres meses siguientes a la formalización del contrato, para el ejercicio de la función fiscalizadora, deberá remitirse al Tribunal de Cuentas u órgano externo de fiscalización de la Comunidad Autónoma una copia certificada del documento en el que se hubiere formalizado aquél, acompañada de un extracto del expediente del que se derive, siempre que la cuantía del contrato exceda de 600.000 euros…  non se entende con qué finalidade e xustificación se fracciona en lotes a contratación da obra realizada con un mesmo obxeto “Instalacións Deportivas A Macoca” e idéntico adxudicatario “Belypa Construcciones”  contratadas nun intervalo de tempo inferior a dous anos.

Art. 75.1 … Los órganos de contratación cuidarán de que el precio sea adecuado para el efectivo cumplimiento del contrato mediante la correcta estimación de su importe, atendiendo al precio general de mercado, en el momento de fijar el presupuesto de licitación y la aplicación, en su caso, de las normas sobre ofertas con valores anormales o desproporcionados.

Art. 134.1 Para la valoración de las proposiciones y la determinación de la oferta económicamente más ventajosa deberá atenderse a criterios directamente vinculados al objeto del contrato, tales como la calidad, el precio…

Art. 136 Ofertas con valores anormales y desproporcionados  apartado 2  Cuando para la adjudicación deba considerarse más de un criterio de valoración, podrá expresarse en los pliegos los parámetros objetivos en función de los cuales se apreciará, en su caso, que la proposición no puede ser cumplida como consecuencia de la inclusión de valores anormales o desproporcionados. Si el precio ofertado es uno de los criterios objetivos que han de servir de base para la adjudicación, podrán indicarse en el pliego los límites que permitan apreciar, en su caso, que la proposición no puede ser cumplida como consecuencia de ofertas desproporcionadas o anormales. 


Por todo o anterior, o abaixo asinante solicita á Fiscalia que teña por presentado este escrito e copias que se acompañan, o admita e previos os tramites legais oportunos acorde iniciar unha investigación á fin de esclarecer se os feitos aquí expostos son constitutivos dalgúnha infracción legal  e se tomen as medidas axeitadas conducentes á depuración de responsabilidades se estimase as houbera.

Aqui podes ver toda a denuncia, anexos incluidos  http://pt.calameo.com/read/0002077585382f7a45173

O FUTURO DE TUI

O video que recolle algunhas das nosas principais propostas ditas polos candidatos

Tui, único concello do Baixo Miño onde aumenta o desemprego en Abril

Estas son as consecuencias da paralización á que nos somete o goberno de Rocha e Moises en Tui, dos 1912 desempregados que o noso concello rexistrou en Abril, 929 son do sector servizos, precisamente o sector onde Tui ten un enorme potencial desaproveitado para crear máis emprego através do comercio, do turismo e da hosteleria.


CONCELLOS           Paro Abril         Paro Marzo      Evolución 


A GUARDA                    921                  936                  15 
OIA                                 314                  319                    5 
ROSAL, O                      692                  700                    8 
TOMIÑO                    1.567                 1.580                  13 
TUI                              1.912                 1.905                 -7      
O BAIXO MIÑO        5.406                 5.440                  34   


Este é o link á fonte da información: http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_vertical/publicaciones_estadisticas/sec_paro

O nervosismo do "Status Quo"

Algo debemos estar a facer ben cando Ángel Alonso, o voceiro da comisión de festas de San Telmo, me chamou fascista a grito pelado na rua o luns de San Telmo por termos sido tan orixinais e audaces de buscar un lexítimo impacto publicitario ao lanzarmos un letreiro luminoso nos xardíns co nome de Converxencia XXI.


Quero agradecer publicamente aos autores desta audaz e imaxinativa idea, José Antonio Quiroga e José Manuel González por ter demostrado unha vez máis que Converxencia XXI é realmente a forza das novas ideas, a forza capaz de innovar para chamar a atención con poucos recursos, xustamente o que agora precisa calquera administración pública, incluindo o concello de Tui, imaxinación e boa xestión dos escasos recursos públicos, algo imprescindible se, como nos facemos, se avoga pola conxelación de impostos.

Ten gracia que alguén vinculado de toda a vida ao PP ou a partidos á dereita do PP, como o PADE polo que se presentou como cabeza de lista en 1999 no noso concello me chame a min fascista, pero máis relevante que o calificativo que me aplicou é o seu nervosismo, raiano no histerismo e bordeando a agresión a quen estaba dirixindo o letreiro, ao ver que non era o PP o único que lle podia tirar rédito propagandístico ás festas de San Telmo, eles poden colocar a Moises de abandeirado na procesión cunha clara intencionalidade propagandística pero os demais só podemos mirar. 

E que esa é a forma de concebir Tui e todo o País por parte do PP, cren os conservadores que o País é deles e os demais non somos máis que decorado, mesmo se crerá o señor Alonso e quen o colocou nese posto, xa que a comisión de festas está descaradamente controlada para maior gloria do Partido Popular,  que o espazo aereo tamén é do PP. 

Entre ese letreiro e o video "O Pasado" o Partido Popular tudense decatouse de que se lle acabou esta prácida sesta que durmiu estes últimos catro anos co beneplácito da oposición institucional e claro sempre é molesto que te desperten da sesta e que demostren que en 12 anos non fixeches máis que rirte de todos os cidadáns de Tui.