Galicia Hoxe: bágoas de crocodilo



Pero, porque non compraban o único diario que estaba escrito en galego os nacionalistas de esquerdas que tanto presumen de que lles preocupa o idioma? Porque non o compraban a pesar de que neste momento tiña unha liña editoral desde a esquerda á estrema esquerda?, o artigo máis destacado deste domingo era un de Beiras que ocupaba a terceira páxina completa, o máis dereitoso que vin foi o de Ceferino Diaz, deputado do PSOE no congreso, tamén vin un suplemento chamado Altermundo que se preguntaba polo comezo dunha revolución anticapitalista, ademais tamén colaboraba habitualmente Carlos Callón, presidente da Mesa ou Antón Losada, coñecido spindoctor da esquerda, etc. Desde logo un produto máis adaptado ao afiliado medio do BNG ou mesmo do PSOE que a min.

Todo isto abona a miña tese de que o que lle importa realmente ao nacionalismo marxista é a sua concepción sectaria da realidade e non o carácter nacional de Galicia, teño para min que a explicación está no sectarismo do mundo da esquerda nacionalista galega que por ser o GH propiedade dun grupo mediático conservador, preferían e prefiren comprar xornais integra ou maioritariamente en castelán por ser estes editados por empresas que eles consideran que son máis achegadas á esquerda, o que mostra con moita claridade cal é a sua xerarquia entre esquerda e Galicia, agora din, como se ese xornal que nunca compraron e case nunca leron lles importase moito, que é unha lástima a perda de GH, que a língua está en perigo e que a culpa é da Xunta por non subsidiar aos medios en galego, en definitiva parecerán tan desolados como se fosen lectores do periódico desaparecido.

O fracaso de Galicia Hoxe é unha alegoria do fracaso ao que están conducindo a Galicia as duas ideoloxias que explican, na miña opinión, o noso atraso, non só o fracaso do marxismo galego, senón tamén o fracaso cara o que nos leva a Galicia conservadora que coa sua política intervencionista encamiñada a fortalecer o seu control social e político á custa do diñeiro dos contribuintes, deu e dá orixe a proxectos como este que tivo a sua orixe nos subsidios á prensa e non nun plantexamento de mercado viable, calquera que coñecese este Pais sabería que o groso do mercado “interesado” en ler en galego non compraria un medio do grupo Correo tivese a liña editorial que tivese, calquera que coñecese este País tamén sabía que a Galicia centralista, fose está conservadora ou socialista e que vota PP ou PSOE, non tiña nen o máis mínimo interese ou mesmo capacitación para ler en galego, entón, ulos lectores para facer o proxecto viable?

O señor Feijóo e compañía son moi listos, din que son moi “austeros” cando lles interesa finiquitar algo que non é viable e que lles interesa que morra, pero son moi despilfarradores e intervencionistas cando o que é inviable é da sua comenencia que sexa viable, como algunha da prensa afín que tampouco le case ninguén, cabeceiras que todos sabemos que existen pero que non coñecemos a ninguén que as lea hai como mínimo un par delas neste País escritas en castelán e están sostidas igualmente con diñeiro público pero non acaban de quebrar, porque será?. Algúns manipularán desde a esquerda dicindo que Feijóo é liberal cando o liberalismo é oposto á concesión de privilexios e ás discrecionalidades e arbitrariedades baseadas en inconfesables intereses de parte ás que o presidente da Xunta nos ten tan habituados.

No sector dos medios de comunicación temos un exemplo moi claro do dano que o exceso de intervencionismo público compartido polos tres partidos con representación no Horreo lle fai ao noso País, creando ineficiencia e pobreza, controlando a opinión pública co diñeiro que os cidadáns que conformamos a propia opinión pública aporta cos seus impostos, deteriorando a calidade da nosa democracia pola falta de control do poder político por parte dunha prensa independente, levando a plantexamentos empresariais que non merecen tal nome xa que non dependen para a sua viabilidade da habilidade ou intelixencia dos seus xestores e do mercado libre senón do amiguismo e de que a liña editorial teña contente ou non ao poder, xusto o papel contrario ao que nas sociedades máis prósperas do mundo xoga a prensa, onde a dinámica de mercado exixe control ao poder para vender.

Os xestores do medio tamén teñen moita culpa, tiveron unha ocasión de ouro para lanzar un S.O.S despois da quebra de Vieiros e da Nosa Terra dicindo a todos os que se arrepiaban coa queda deses medios que eles, GH precisaban de vender para ter sustentabilidade como xornal, lástima, teriamos visto a reacción dos que agora derraman bágoas de crocodilo. Cabe preguntarse se este País ten bimbios para manter sen subsidios un medio diario en papel escrito integramente en galego, non están dispostas un 10% das 50,000 persoas que acudimos á mais multitudinaria das manifestacións de Queremos Galego a comprar diariamente un xornal en galego? A experiencia indica que non, só me resta preguntarme se empresarial e xornalísticamente se fixeron ben as cousas nos proxectos fallidos como única posible explicación que compre ainda descartar para a falta de resposta dos lectores.

Agora toca pasar pasar páxina, nunca mellor dito, non perder o tempo en analisar os nosos fracasos colectivos do pasado, porque hai tantos que non fariamos outra cousa, e pensar en que facer no futuro, facer máis e falar menos, eis a transformación que o País precisa, a prensa en papel tenderá a desaparecer cos anos, e hai que ir pensando en facer da necesidade virtude para posicionarse ben en internet, tiremos a moral imprescindible, a responsabilidade é a clave, se algo nos importa temos que promocionalo, compre tamén seguir pedindo que se eliminen por completo as axudas públicas a toda a prensa como único medio para contarmos cunha prensa libre e crítica co poder, e a crítica que compre facerlle á Xunta do PP para inflixirlle o dano político que merecen é a crítica da sua arbitrariedade tramposa no uso do diñeiro público, esa crítica pode facerlle un dano transversal, mesmo no seu electorado, a crítica de que é moi austero, ademais de ser falsa, só logrará reforzalo e a de que quere atacar ao galego, sendo certa, só deixará moi autosatisfeitos aos “defensores do galego” que nunca compraron o único xornal en galego. 

Perigosa Polarización



Xa me teño pronunciado sobre o movimento 15M no meu blogue, coincido con eles na necesidade da reforma da lei electoral, na eliminación de privilexios da clase política, na necesidade dunha separación efectiva de poderes e no reforzamento das liberdades cidadás, é dicir, coincido co 15M na parte na que está francamente influido polo liberalismo, e no que coincidiría calquera demócrata liberal europeo, o que exclue aos “conservadores disfrazados de liberais do PP” pero non comparto as suas diagnoses sobre a crise económica e as suas solucións xa que están claramente influidas polo paradigma marxista de análise, en resumo coincido na parte política pero non na económica.

O movimento 15M pon de manifesto que o nivel de fartura ao que está chegando unha parte importante da mocidade coa oligarquía partitocrática socialista e conservadora que controla o País comeza a ser moi alto. Estou convicto de que o stablishment faria moi ben en tomar nota e emprender as reformas estruturais encamiñadas a relexitimar un sistema político que cada vez está menos lexitimado.

Unha das reivindicacións sobranceiras do movimento 15M e unha das poucas onde os acampados de Madrid lograron o consenso é a reforma da lei electoral, unha reforma neste sentido xunto coa eliminación de certos privilexios e a separación efectiva de poderes podería bastar para reformar a actual partitocracia latina española ata que comece a parecerse a unha democracia liberal europea. Pero, alguén se imaxina a PP ou a PSOE eliminando as deputacións coa cantidade de adeptos colocados que teñen nelas?, e concentrando concellos para reducir custos?, e eliminando o senado onde colocan aos que lles estorban para que non protesten?, alguén se imaxina a PP e a PSOE eliminando os privilexios da clase política? ou castigando o absentismo dos parlamentarios cunha diminución do salario como lle pasaria a todo fillo de veciño cando falta  ao traballo sen xustificación?

O PP e o PSOE son hoxe conglomerados de intereses persoais e de defensa de determinados lobbies que son os que á sua vez os axudan a permanecer ou a alcanzar o poder, son duas maquinarias ao servizo exclusivamente de si mesmas, dos seus obxectivos de poder e dos intereses, por espurios que estes sexan, das miles de persoas que teñen colocadas nas administracións, empresas de todos os tamaños que viven de adxudicacións públicas máis ou menos fraudulentas e de determinados lobbies, as grandes empresas construtoras, bancarias e enerxéticas saben que están protexidas da concorrencia polos dous partidos, o PSOE alimenta e aliméntase do lobby dos sindicatos e o PP alimenta e aliméntase do lobby católico, por só mencionar algún dos grupos de presión que están detrás de todas e cada unha das decisións dos dous grandes partidos.

Se partimos da hipótese que a situación social non tenderá senón a agravarse como mínimo nos próximos dous anos, ainda que non sexa máis que polo feito de que a duración da crise española, é falso que a crise sexa mundial, a crise é só dos PIGS (paises latinos europeos) vai facer que os subsidios de desemprego se vaian esgotando, se temos en conta que España supera a arrepiante cifra do 40% de desemprego xuvenil, quen pense que o movimento 15M e o malestar de amplas camadas da sociedade é flor dun día e que pode seguir vivindo opiparamente a conta dos contribuintes quizá se esté trabucando.

E esta equivocación pódenos sair moi cara a todos, se a partitocracia latina de PP e PSOE non se convirte, mediante a reforma das regras de xogo político, nunha democracia homologable coas de centro ou norte de Europa, podemos estar na antesala dun perigoso fenómeno de polarización de consecuencias imprevisibles, no debate dos orzamentos os deputados cataláns tiveron que entran en helicoptero ou en furgonetas policiais ao Parlament e os que entraron polos seus medios foron agredidos ou insultados, incluindo os de ICV,  antes na mesma cidade houbo fortes desmáns policiais mesmo cunha vítima mortal contra os acampados que en absoluto xustifica as agresións aos parlamentarios, e isto pode ser só o inicio.

Non seria intelixente nin honesto deixar que se acumulase ainda máis frustración na mocidade porque iso pode abrir un proceso espiral de radicalización na sociedade e non fai falta ser un gurú para darse conta de que o goberno de España estará a máis tardar en dez meses nas mans do conservadorismo de tics autoritarios do PP e que a contestación na rua estará nas mans de grupos da estrema esquerda, en definitiva un escenario moi preocupante que pode xerar un dinámica de acción-reacción entre “as duas Españas” no que a dereita conservadora e a esquerda marxista extraparlamentaria (IU, ERC ou BNG están moi cómodos como para apostar por vias rupturistas) comecen unha espiral de enfrentamento que se sabe por onde comeza pero non por onde acaba.

No medio permaneceremos os liberais, desprezados polas duas almas intolerantes que dominan a política deste País e que nos últimos trinta anos estiveron tranquilas pola vontade de concordia provocado polo trauma da Guerra Civil e da posterior ditadura franquista, a debilidade do liberalismo é, como se demostrou na II República, a debilidade da democracia española e o mellor caldo de cultivo para que as duas Españas volten a armala gorda se a UE non o remedia.


Duas son as vias que podemos percorrer no futuro, en primeiro lugar, a vía cara a que apunta o incipiente fenómeno de polarización, a do populismo de esquerdas e dereitas, e en segundo lugar a vía do liberalismo. A vía populista de esquerdas ou dereitas achéganos a sudamérica e aos trazos culturais latinos; o autoritarismo, a falta de responsabilidade individual, e a falta de cultura democrática, mentres que a via liberal achegarianos ao centro ou o norte de Europa e aos trazos culturais anglosaxóns, e ao binomio conceptual que mellor define este modelo; liberdade-responsabilidade, a pelota está no tellado da partitocracia PP-PSOE, ou se toman en serio o que está comezando a pasar e homologan as regras de xogo políticas de España ás dunha democracia liberal europea ou comezaremos a cair pola costa abaixo do populismo que só provocará máis pobreza, máis violencia, máis autoritarismo, máis corrupción e máis irresponsabilidade. 

Propostas do movimento 15M (a miña opinión)

Penso que os políticos temos que nos pronunciar neste momento sobre as reinvindicacións dos cidadáns que protestan e mostran a sua indignación ante o gravísimo deterioro da situación económica e política española. A continuación as propostas do Movemento 15M e os meus comentarios, en azul e en galego,.


1. ELIMINACIÓN DE LOS PRIVILEGIOS DE LA CLASE POLÍTICA: 
  • Control estricto del absentismo de los cargos electos en sus respectivos puestos. Sanciones específicas por dejación de funciones. DE ACORDO
  • Supresión de los privilegios en el pago de impuestos, los años de cotización y el monto de las pensiones. DE ACORDO
  • Equiparación del salario de los representantes electos al salario medio español más las dietas necesarias indispensables para el ejercicio de sus funciones. EN DESACORDO, non parece razoable que os deputados sexan mileuristas, fomentariase a corrupción e a xente válida e honrada fuxiría ainda máis da política. Engadiría iso si un rexime de incompatibilidades para evitar a situación actual onde moitos deputados só dedican unha mínima parte do seu tempo ao seu traballo parlamentario.
  • Eliminación de la inmunidad asociada al cargo. Imprescriptibilidad de los delitos de corrupción. DE ACORDO
  • Publicación obligatoria del patrimonio de todos los cargos públicos. DE ACORDO
  • Reducción de los cargos de libre designación. EN DESACORDO, eu proporía a eliminación total dos cargos de libre designación salvo os cargos políticos. 

2. CONTRA EL DESEMPLEO: EN DESACORDO con todo o punto, reflicte unha visión moi intervencionista da economía que lonxe de alcanzar o seu obxectivo da diminución da pobreza surtiria xusto o efecto contrario, aumentar a pobreza e o desemprego. Eu defendo o modelo austriaco de relacións laborais  http://ir.gl/30e0a8   
  • Reparto del trabajo fomentando las reducciones de jornada y la conciliación laboral hasta acabar con el desempleo estructural (es decir, hasta que el desempleo descienda por debajo del 5%). 
  • Jubilación a los 65 y ningún aumento de la edad de jubilación hasta acabar con el desempleo juvenil. 
  • Bonificaciones para aquellas empresas con menos de un 10% de contratación temporal.
  • Seguridad en el empleo: imposibilidad de despidos colectivos o por causas objetivas en las grandes empresas mientras haya beneficios, fiscalización a las grandes empresas para asegurar que no cubren con trabajadores temporales empleos que podrían ser fijos.
  • Restablecimiento del subsidio de 426€ para todos los parados de larga duración.

3. DERECHO A LA VIVIENDA:
  • Expropiación por el Estado de las viviendas construidas en stock que no se han vendido para colocarlas en el mercado en régimen de alquiler protegido. EN DESACORDO. Todas as grandes promotoras estarían de acordo con esta medida do movimento 15M, hai que continuar deixando que o mercado actue e os prezos continuen baixando.
  • Ayudas al alquiler para jóvenes y todas aquellas personas de bajos recursos. EN DESACORDO, o intervencionismo deste tipo o único que logra é un aumento de prezo dos alugueres, como xa se demostrou coas axudas do goberno socialista para os alugueres da xente nova.
  • Que se permita la dación en pago de las viviendas para cancelar las hipotecas.  DE ACORDO, o contrario é un exemplo do capitalismo dos amiguetes que impera en España, son privilexios que o poder político concede ao poder económico a cambio de financiamento para os partidos e as administracións.

4. SERVICIOS PÚBLICOS DE CALIDAD: A MEDIAS a cuestión é que haxa servizos de calidade públicos e privados, non concordo co dogma socialista de que todo ten que ser público, defendo que o ensino e a sanidade teñen que ser universais e de calidade pero non necesariamente públicos, defendo o sistema sueco de cheques educativos.
Nótase a influencia marxista no movimento porque propón moitas medidas de gasto sen ser conscientes de que implica aumentos impositivos.
  • Supresión de gastos inútiles en las Administraciones Públicas y establecimiento de un control independiente de presupuestos y gastos. DE ACORDO
  • Contratación de personal sanitario hasta acabar con las listas de espera.
  • Contratación de profesorado para garantizar la ratio de alumnos por aula, los grupos de desdoble y los grupos de apoyo.
  • Reducción del coste de matrícula en toda la educación universitaria, equiparando el precio de los posgrados al de los grados.
  • Financiación pública de la investigación para garantizar su independencia.
  • Transporte público barato, de calidad y ecológicamente sostenible: restablecimiento de los trenes que se están sustituyendo por el AVE con los precios originarios, abaratamiento de los abonos de transporte, restricción del tráfico rodado privado en el centro de las ciudades, construcción de carriles bici.
  • Recursos sociales locales: aplicación efectiva de la Ley de Dependencia, redes de cuidadores locales municipales, servicios locales de mediación y tutelaje.

5. CONTROL DE LAS ENTIDADES BANCARIAS:
  • Prohibición de cualquier tipo de rescate o inyección de capital a entidades bancarias: aquellas entidades en dificultades deben quebrar o ser nacionalizadas para constituir una banca pública bajo control social. A MEDIAS, hai que deixar quebrar ás entidades financeiras que non sexan viables igual que se fai con calquera outra empresa, como se fixo en Islandia, é inmoral a proposta socialista e conservadora de socializar as perdas, Non concordo coa nacionalización, as entidades menos eficientes son as caixas precisamento polo seu caracter semipúblico. 
  • Elevación de los impuestos a la banca de manera directamente proporcional al gasto social ocasionado por la crisis generada por su mala gestión. EN DESACORDO, non concordo co lugar comun de que os bancos son os únicos responsables da crise, a orixe está na borbulla que xeran os bancos centrais (institucions publicas) que manteñen os xuros moi baixos durante moito tempo.
  • Devolución a las arcas públicas por parte de los bancos de todo capital público aportado. DE ACORDO
  • Prohibición de inversión de bancos españoles en paraísos fiscales. DE ACORDO
  • Regulación de sanciones a los movimientos especulativos y a la mala praxis bancaria. Non entendo isto, faltalle concreción.

6. FISCALIDAD:
  • Aumento del tipo impositivo a las grandes fortunas y entidades bancarias. EN DESACORDO, isto desincentivaria o investimento en España creando pobreza. Defendo o tipo impositivo único.
  • Eliminación de las SICAV. DE ACORDO, é un privilexio inaceptable
  • Recuperación del Impuesto sobre el Patrimonio.  EN DESACORDO, isto desincentivaria o investimento en España creando pobreza. 
  • Control real y efectivo del fraude fiscal y de la fuga de capitales a paraísos fiscales. DE ACORDO
  • Promoción a nivel internacional de la adopción de una tasa a las transacciones internacionales (tasa Tobin). EN DESACORDO

7. LIBERTADES CIUDADANAS Y DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:
  • No al control de internet. Abolición de la Ley Sinde. DE ACORDO
  • Protección de la libertad de información y del periodismo de investigación. DE ACORDO, non fai falta protexelo só hai que eliminar os subsidios e publicidade pública para que a prensa sexa libre.
  • Referéndums obligatorios y vinculantes para las cuestiones de gran calado que modifican las condiciones de vida de los ciudadanos. DE ACORDO
  • Referéndums obligatorios para toda introducción de medidas dictadas desde la Unión Europea. EN DESACORDO con esta medida de nacionalismo español, eu son europeista, isto é como propor que Galicia pode someter a referendum todo o que se decide en Madrid, non teria sentido. Notase que é en Madrid onde se redactaron estas propostas.
  • Modificación de la Ley Electoral para garantizar un sistema auténticamente representativo y proporcional que no discrimine a ninguna fuerza política ni voluntad social, donde el voto en blanco y el voto nulo también tengan su representación en el legislativo. DE ACORDO, se o voto branco e nulo son escanos que quedan vacias estou de acordo, seria un incentivo do que tan necesitado está a clase política española. 
  • Independencia del Poder Judicial: reforma de la figura del Ministerio Fiscal para garantizar su independencia, no al nombramiento de miembros del Tribunal Constitucional y del Consejo General del Poder Judicial por parte del Poder Ejecutivo. DE ACORDO
  • Establecimiento de mecanismos efectivos que garanticen la democracia interna en los partidos políticos. DE ACORDO ainda que isto é wishful thinking.

8. REDUCCIÓN DEL GASTO MILITAR.  DE ACORDO