Proposta de Executiva para o II Congreso


Esta é a composición da proposta de Executiva Nacional que presentarei ao refrendo dos afiliados no II Congreso. Estou convencido de que esta executiva suporá un enorme salto cualitativo na historia do partido, tanto porque duplica os seus membros, dos cinco actuais pasa a dez, apurando o máximo contemplado nos estatutos, como pola clara definición das funcións e atribucións de cada un dos seus membros o que redundará sen nengunha dúbida no crecemento cada vez máis firme e na consolidación da forza política que Galicia precisa para gañar o futuro, as funcións definidas son aquelas que se consideraron necesarias para o fortalecemento humano, ideolóxico, estratéxico, comunicacional e económico do proxecto. O equipo que presento está escollido en base aos criterios da meritocracia, implicación, compromiso, confianza, capacidade e idoneidade persoa-función, cando fundei o partido en 2009, só coñecia a unha destas nove persoas que me acompañan na lista.

Secretario xeral – Carlos Vázquez Padín
Secretario de organización, expansión e xurídico – Xosé Febrero
Secretario de finanzas e coordenacion electoral – Antonio Pérez
Secretario de comunicación externa, compras, publicidade e merchandising – Xosé Luis Reza
Secretario de afiliación e simpatizantes – Gabriel Masid
Secretario da executiva e de comunicación interna – Javier Abad
Secretario de relacións internacionais – Anxo Lodeiro
Secretario de formación e coordenación coa GALIDEM – Fernando del Rio
Secretario de eventos – Garcilaso de la Vega
Secretario de internet e coordenación estudantil– Mateo Santiago Franco


No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,