Converxencia XXI estivo presente na Diada Nacional de Catalunya, convidada por Convergència Democràtica de Catalunya (socio maioritario de Convergència i Unió). Tiven a oportunidade de asistir en representación de C.XXI, e intercambiar impresións sobre a actualidade política con Artur Mas, President da Generalitat de Catalunya, quen felicitou a tódolos converxentes e animóunos a seguir traballando por Galicia.

O sábado 10 de setembro, pola noite, Carlos Vázquez Padín foi convidado a unha cea por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), onde compartiu mesa con ilustres da política catalá como Oriol Pujol (voceiro de CiU no Parlament de Catalunya), Josep Rull (secretario da mesa do Parlament) ou Joaquim Fon (primeiro tenente de alcalde de Barcelona).
O domingo 11, participei na ofrenda floral perante o monumento a Rafael Casanova e posteriormente tivo ocasión de xantar cos representantes do Partido Nacionalista Vasco (PNV) que asistiran á Diada Nacional de Catalunya: Belen Greaves e Pedro Azpiazu.



É xusto lembrar que a Fundació Catalunya i Democracia (think tank de CiU) apoiou a entrada da Galidem (think tank de C.XXI) como membro de pleno dereito do European Liberal Forum, convertíndose no primeiro ‘laboratorio de ideas’ da história de Galicia homologado a nivel internacional nunha determinada familia ideolóxica, neste caso a liberal. Esta é unha das causas das boas relacións entre ámbalas dúas forzas.

No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,