Apertura de oficina municipal

Despois de moito insistir desde o inicio do mandato, conseguiuse finalmente que o alcalde nos entregase as chaves do local que nos correspondia no concello como grupo da oposición, os outros tres grupos da oposición tiñano desde o anterior mandato pero nos ao ser novos tivemos que pedilo unha ducia de veces e ata que se incluiron as seguintes preguntas presentadas por escrito para o anterior pleno ordinario o alcalde diciame que si, que nos correspondia local pero facia todo o contrario, no mellor estilo do seu antecesor Rocha. Estas son as preguntas que se lle presentaron nese pleno:   



1. Porque ainda non contestou ou noso escrito presentado por rexistro de entrada o 20/07/2011 no que se lle solicitaba a concesión dun local para o grupo mixto, formado exclusivamente por Converxencia XXI?

2. Cre que é de recibo que só o noso grupo municipal careza neste momento de local para desenvolver as suas tarefas no concello?

3. Cre que a sua falta de resposta é compatible con esa política de man tendida que vostede prometeu no seu discurso de investidura como alcalde?

4. Cando ten pensado contestar a nosa petición?


Desde o momento no que tivemos local decidiuse que era fundamental marcar presenza física o máis regular posible no concello, polo que marcamos un horario de atención ao público que fose compatible co feito de non estar liberado para a actividade política, os luns de 8:30 a 10:30 estarei ali para atender a quen me precise.

Varios son os temas que marcarán a axenda política local nos próximos meses, o centro de saude, os problemas co rio Tripes, o cobro indebido dalgúns impostos municipais, o Plan Especial de Protección do Casco Histórico, etc

Queroto lembrar que estamos a disposición dos tudenses no correo tui@converxencia.eu , e nos nosos perfis locais nas redes sociais, www.facebook.com/converxenciatui http://twitter.com/converxenciatui