Totalitarismos e Galicia

Aproveito estas datas do nadal para repescar un artigo que publiquei o ano pasado onde falo dos totalitarismos e da sua lectura en Galicia:


Totalitarismos e Galicia


O pasado 23 de agosto comemorouse en toda Europa, ainda que principalmente no leste do continente, o Día das vítimas do comunismo e dos demais totalitarismos. Interésame a estes efectos analizar a diferente percepción que do comunismo hai, en primeiro lugar,  nos paises que foron gobernados por reximes ditatoriais comunistas, en segundo lugar, nos paises de longa traxectoria democrática e en terceiro lugar nos paises, que como o noso, teñen unha curta traxectoria democrática e que anteriormente estiveron sometidos a ditaduras de corte fascista ou autoritario de dereitas. 

O grande engano de José Blanco

Recupero un artigo publicado en Galicia Confidencial no verán e que agora ven ao caso pola recente inauguración da liña do Tren de Alta Velocidade entre A Coruña e Ourense: 

O grande engano de José Blanco

Di o xornal fetén da socialdemocracia española na sua editorial do 12 de xullo: "Blanco ha demostrado lo que era obvio para cualquiera: que se puede actuar en política con solvencia sin ser obligatoriamente registrador de la propiedad o abogado del Estado y ser un buen gestor de infraestructuras públicas sin necesidad de ser ingeniero de caminos". Non son dos que cre que é imprescindible un alto nivel formativo para ser un bo político pero se a referencia é a do balance de xestión do señor Blanco ao frente do ministerio de Fomento estaria obrigado a mudar de opinión pese ao que poida dicir o "prestixioso" xornal madrileño cunha prepotencia e falta de argumentario inexcusables en aras do dogma igualizador do inigualable que ten a esquerda.


ler o resto do artigo

Nova Executiva Local en Tui de Converxencia XXI

A agrupación local de Converxencia XXI ven de reunirse na súa última asemblea celebrada o pasado día 23 de novembro no Parador de turismo San Telmo. Da mesma saíron elixidos os novos cargos que configurarán a executiva local da formación galeguista e liberal en Tui. Así pois, os novos encargados de impulsar este proxecto vangardista e rexenerador da política galega no concello onde naceu son:

Daniel González Álvarez, secretario local.
Eduardo Freiría Martínez, secretario de prensa.
Diego Santos Ferreira, secretario de acción xuvenil.
Carlos Vázquez Padín é membro nato da executiva local pola súa dobre condición de concelleiro e de membro da Executiva Nacional.



Daniel González, novo Secretario Local