Nova Executiva Local en Tui de Converxencia XXI

A agrupación local de Converxencia XXI ven de reunirse na súa última asemblea celebrada o pasado día 23 de novembro no Parador de turismo San Telmo. Da mesma saíron elixidos os novos cargos que configurarán a executiva local da formación galeguista e liberal en Tui. Así pois, os novos encargados de impulsar este proxecto vangardista e rexenerador da política galega no concello onde naceu son:

Daniel González Álvarez, secretario local.
Eduardo Freiría Martínez, secretario de prensa.
Diego Santos Ferreira, secretario de acción xuvenil.
Carlos Vázquez Padín é membro nato da executiva local pola súa dobre condición de concelleiro e de membro da Executiva Nacional.



Daniel González, novo Secretario Local

No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,