Intervención no pleno sobre a VAP Tui-A Guarda ao seu paso por Areas (23/05/2012)

Desde CXXI comezaremos por unha descrición dos acontecementos máis recentes entrono ao culebrón da VAP, a pasada semana viu, forzado pola convocatoria deste pleno extraordinario, o conselleiro de infraestruturas, Agustín Hernández, a dar aos veciños e aos grupos políticos municipais, explicacións sobre a nefasta xestión da construción da VAP Tui – A Guarda, a verdade é que nunca estiven reunido con alguén tan prepotente e irrespetuoso, os representantes da plataforma deronlle unha lección de educación e de saber estar, os meus parabéns a eles, o meu repudio para o conselleiro.


O conselleiro comunicou, iso sí, cun ton agresivo e irrespetuoso, como se o seu soldo, o seu coche oficial, o seu chofer e o seu numeroso séquito non llo pagasemos os contribuintes, que había unha decisión inamovible tomada en relación ao aceso ao Polígono de Areas e que este aceso ao polígono utilizaría a estrada Tui-A Guarda, pasando por diante do Gadis. Os viciños fixeronlle saber o seu rexeitamento a esa proposta e a sua petición de que o aceso fose directo do Polígono á VAP, dous foron os argumentos do conselleiro en contra desta proposta:

a) a cuestión técnica. Segundo o conselleiro non hai metros suficientes sen embargo o actual presidente da Xunta propuña no 2004 exactamente a mesma solución que hoxe defende unanimemente a veciñanza e a oposición municipal. Daquela non era un problema técnico, quen se equivoca? O conselleiro no 2012 ou o presidente da Xunta no 2004? Por non falar de que a vostedes e ao PSOE a norma en cuestión de infraestruturas nunca lles importou demasiado, cantas rotondas hai en Galicia que non cumpren a norma? Cantos acesos a vias rápidas non cumpren a norma? O que no 2004 propuña Feijoo e hoxe defendemos nós, non comporta un perigo nen remotamente parecido ao que comportan por exemplo o aceso á A-55 en Randufe ou algúns do acesos á mesma via na subida a Puxeiros. A experiencia indicanos que neste País se respecta a norma cando convén ao poder político. 

b) a cuestión económica Este argumento caiulle moi rápido ao conselleiro, cando os viciños de Areas, facendo gala dunha admirable responsabilidade e conscientes de que o País está na bancarrota, lle dixeron que se non había diñeiro, que eles asumían que se retrasase a obra o que fixera falta, ata ter diñeiro para facela ben, que era preferible esperar para facer ben as cousas, a resposta do conselleiro non tivo desperdicio, dixo que el tiña que facer a obra por responsabilidade, e desde CXXI preguntamos, por responsabilidade hai que gastar diñeiro dos contribuintes en facer unha auténtica chapuzada terceiromundista como a que propón o PP? Porque non podemos calificar doutra maneira que de chapuzada terceiromundista que un polígono industrial moi cercano a duas vias de alta capacidade non teña aceso directo e sen pasar por ningunha outra estrada, a ningunha delas. A proposta da Xunta refrendada polo PP de Tui é unha trapallada con maiúsculas que só ten un beneficiario, o Hiper de Gadis. 

E que pintou o concello e o alcalde en todo este asunto?, o seu papel, señor alcalde foi cobarde e desleal cos viciños de Areas e de Tui, vostede sabía que a decisión da conselleria de apoiar o aceso que usa a estrada Tui-A Guarda estaba tomada desde hai tempo, vostede sabía que o Poligono non tería aceso directo e tivo que vir o conselleiro en plan destroyer para comunicar a decisión porque vostede non se atrevera previamente, que quere que lle diga, señor Rodríguez Pérez, vostede demostrou non estar á altura de Tui.