Discusión entre @ppdegalicia e @carlosvpadin sobre as deputacións en twitter


A continuación reproduzo intercambio de tweets sobre as deputacións co PP de Galicia 

@ppdegalicia: Feijóo di que Xunta e Deputacións sumarán esforzos para ofrecer máis servizos ós cidadáns

@carlosvpadin: O que suman Xunta e Deputación non son esforzos como din no @ppdegalicia senón ineficiencia e unha carga insustentable para os contribuintes

@ppdegalicia: do que se trata é de sumar para ser máis eficientes e de ofrecer máis servizos públicos aos cidadáns


@carlosvpadin: pero iso non funciona asi, cando hai duas administracións facendo o mesmo estamos nun caso claro de ineficiencia, ademais, o máis importante, o esforzo non é nen do #PP nen das administracións senón dos asfixiados contribuintes (2 tweets)


@ppdegalicia: precisamente,o que se procura é optimizar a prestación dos servizos públicos e eliminar duplicidades nas administración


@carlosvpadin: se fose certo que se busca a optimización haberia q suprimir as deputacións e concentrar concellos, o #PP non quere por intereses, o #PP non quer eliminar as deputacións porque ten moita xente colocada e porque é un instrumento de control político, os Euros van aos afins (2 tweets)


@ppdegalicia as Deputacións completan e melloran servizos alí onde non chegan os municipios, sobre todo os de menor capacidade económica


@carlosvpadin esa é unha escusa ruin, porque non darlle aos concellos ese diñeiro directamente eliminando un intermediario que só encarece??



José Manuel Baltar, presidente da deputación de Ourense