Intervención en Radio Voz sobre proposta de redución de deputados


A continuación unha transcripción da miña intervención en Radio Voz sobre proposta de redución de deputados nos parlamentos autonómicos formulada por Esperanza Aguirre:

Converxencia XXI non veria mal a redución no número de deputados sempre que se mellorase a proporcionalidade da representación, podemos ter un parlamento máis representativo da pluralidade social con menos deputados e isto podese facer pasando a ter unha circunscripción única e eliminando a barreira do 5% que colocou o propio PP nos anos 90 para limitar as posibilidades de concorrencia electoral das forzas emerxentes.

Nun parlamento como o actual, con 75 deputados, unha forza que conseguise o 4,99% dos votos nas catro circunscripcións non teria representación, porén, nun parlamento que tivese 34 deputados, cunha circunscripción única ainda mantendo a lei d'hondt, unha forza que conseguise o 3% dos votos no conxunto de Galicia si obtería representación. Polo que a redución do número de deputados non tería que ir necesariamente en detrimento da representación da pluralidade política.




C.XXI, como partido liberal que é, preséntase ás vindeiras eleccions autonómicas galegas con propostas moi claras en relación á imprescindible redución do custo da política, quizá conveña lembrar que en España hai 450.000 políticos profesionais, o triple que en Alemaña, España é o estado da UE con máis políticos profesionais en termos absolutos e relativos, obviamente iso é debido ás decisión tomadas por PP e PSOE nos últimos trinta anos e obviamente iso coloca unha carga insoportable sobre os petos dos contribuintes. Naturalmente os responsables desta situación son PSOE e PP polo que non se lle pode recoñecer nengún atividade no sentido de reducir o custo da política a estes dous partidos.

C.XXI propón que Galicia pase dos 316 concellos actuais a 53, o que equivaleria que cada só houbese un concello por comarca. A análise comparada demostra que é máis que suficiente, so temos que ver que Alemaña ten 400 concellos, poucos máis que os de Galicia e Portugal, ten 308, menos que Galicia. E se isto non se fai é para protexer os intereses do PP e do PSOE. Hai consenso académico en que as deputacións non aportan nada positivo á organización política e á eficiencia económica dun estado como España, non hai un so catedrático de ciencia política ou de dereito administrativo que defenda as deputacións, pois ben, estas non se suprimen porque PP e PSOE teñen colocados a frioleira de 40.000 amiguetes nas deputacións de toda España.

Entón claro, que veñan agora os señores do PP propondo a redución de deputados, pois que quere que lle diga, é gañas de enredar, de distraer a atención sobre o feito ineludible de que o PP mantén intactas as suas redes clientelares de persoas do partido que nada aportan á sociedade pero que viven fantásticamente a custa do suor dos contribuintes.


Eis o podcast da tertulia: