Entrevista en video realizada o 26/09/2012

Entrevista sobre a situación politica galega e sobre Converxencia XXI.    







Austeridade? si, pero só dos privados

Desde 2009, a débeda de familias e empresas diminuiu en 152.000 millóns de euros; pola contra a do sector público creceu 368.000 millóns de euros. Austeridade? si, e moita, pero exclusivamente dos privados. Coincidiremos en que o concepto "austeridade" non é compatible co feito de gastar máis do que se ingresa, pois ben, o Estado gastou, só no primeiro trimestre deste ano 2012, o dobre do que ingresa.

Foi o boom inmobiliario, sustentado na expansión crediticia e conseguinte sobreendebedamento privado motivado pola política de xuros baixos do BCE o que financiou unha atividade desaforada no sector do ladrillo que á sua vez xerou uns inxentes ingresos fiscais, durante esa época, entraba diñeiro na administración a chorro, por iso cando comezou a crise a administracion estaba nuns niveis de gasto elevadísimos que aparentemente se podia permitir, é dicir, os ingresos fiscais producidos pola burbulla inmobiliaria xerou unha burbulla estatal, unha monstruosa burbulla de gasto público, a burbulla privada estoupou xa que responde a unha lóxica de mercado, pero a pública non, os politicos estatistas (PP, PSOE, IU, BNG, etc) siguen empeñados en manter niveis de gasto completamente inasumibles a través de subas de impostos e emision de débeda.



Entrevista en Radio Tui (18/09/2012)


Entrevista sobre as eleccións autonómicas e temática local tudense que me fixo José Font esta mañá (18/09/2012) en Radio Tui.





















Entrevista a Carlos Vazquez Padin en Radio Tui 18/09/2012