O ABC lémbrase de @Converxencia

Transcribo preguntas enviadas por unha xornalista do ABC, Lucía Piñón Aneiros e as miñas respostas. Agradécese que se lembren de nós ainda que o teríamos preferido hai duas semanas ;-)


¿Cuál es su actividad política después de las elecciones?,

Mantemos a actividade ordinaria do partido en cumprimento dos estatutos. Tamén continuamos emitindo pronunciamentos sobre cuestións de actualidade.

¿hacen algún tipo de actividades, actos, programas?,

Celebramos todos os anos o Dia Nacional de Galicia, o dia do partido e temos unha comida en Nadal, tamén organizamos xuntanzas abertas, e ceas ao longo do ano. Ao marxe disto, o partido xa celebrou na sua curta historia dous congresos e unha conferencia politica. A partir do ano que ven e en colaboración coa GALIDEM, vamos por en marcha unha Escola de Verán.

¿continúan vinculados y se reúnen?,

Mantemos unha actividade regular ao longo de todo o ano, desde que o partido se fundou na primavera de 2009 temos todos os meses unha executiva nacional ordinaria, este sábado temos unha para avaliar os resultados das eleccións.

¿se disuelven?,

Non temos a máis mínima intención de facer semellante cousa .

¿cómo se financian?,

Coas cotas da afiliación, venda de merchandising, lotaria e pequenas doazóns. O orzamento de campaña foi de 5.000 €, e seguimos unha política de débeda cero, nunhas semanas teremos pagos todos os gastos correspondentes á campaña e comezaremos a aforrar para as municipais, só gastamos o que temos.

¿disponen de sede?

Non temos sede física, non o consideramos un bo investimento dadas as características e dimensión actual do noso partido. A nosa sede é internet.