A punta do iceberg

Xosé Luis Barreiro dixo en VTelevisión que lle consta que en Madrid había unha "lonxa secreta" de adxudicación de obra pública, nesa lonxa as grandes contrutoras repartianse as obras e xa negociaban a comisión co partido gobernante. 

O financiamento ilegal en base a comisións por adxudicacións de todo tipo é algo que forma parte do actual réxime partitocrático español, o de Bárcenas non é unha excepción, é simplemente a punta do iceberg, esa pequena porcentaxe da realidade que chega a ser coñecida por parte do grande público, esa mínima parte das cloacas do Estado, as comisións son a forma coa se financian sistematicamente os partidos que se reparten o poder. 

Os partidos de poder en España (PP e PSOE) teñen unha estrutura de gastos que non sería sustentable doutra maneira, se vivisen exclusivamente das cotas, doazóns legais e dos subsidios públicos que reciben, pese a ser estes moi abundantes, terían que reducir drasticamente a sua estrutura e o gasto nas campañas eleitorais, naturalemente saerianos moito máis barato aos contribuintes, pero iso non lles preocupa o máis mínimo. Diciase tamén no mesmo programa de TV que o gasto que declara o PP en campaña é o que lles custa só o macro mitin que soen montar en Valencia, a documentación que se lle facilita ao tribunal de contas é só a legal, co que a sua fiscalización non pasa de ser unha pantomima montada polo propio Estado.




Naturalmente a fiscalía debería facer o seu traballo, pero que podemos esperar se a fiscalia está controlada politicamente? que podemos esperar cando o fiscal xeral do Estado de turno é un colocado polo partido que goberna, enfin, o sistema está podre, e desa podredume emana o enorme poder que acumulan os dous partidos dominantes. 

Algúns falan moito da necesidade do control obviando que o controlador e o controlado son o mesmo e que PP e PSOE controlan de forma transversal e con poucas fendas, os poderes executivo, lexislativo e xudicial; tamén controlaban as caixas de aforro que usaban como a sua finca particular e claro, tamén controlaban e controlan o "controlador das caixas de aforro" , o Banco de España e tamén a CNMV.