Desmontando falacias

Tiña tomado a decisión de non opinar moito durante o periodo entre a presentación da moción de censura e a sua votación, pero ante a cantidade de falsedades e sobre todo de medias verdades que se están a dicir, convén que alguén as aclare, senón correse o risco de que moitos cidadáns poidan ser enganados. 

Estou realmente contente que o meu libriño, "Por un Tui próspero" concite agora a atención mediática que non tivo cando foi lanzado, algúns tratan de usar agora ese libro para deixarme quedar como incoherente, ao reflectir as duras críticas, que efectivamente, ese texto dedica ao PP, quen se tome a molestia de lelo enteiro, é unha molestia moi pequena, xa que o libro só ten 32 páxinas ,darase conta que non é unha crítica ao PP feita desde unha perspectiva comunista ou socialista, senón que é unha análise liberal que lle atribue a un problema de incentivos o pobre desempeño do PP en Tui ao longo de moitos anos, e cal é ese problema de incentivos?, que calquera partido, calquera, incluindo o PSOE, o BNG ou Podemos, e por suposto tamén C21, no momento que se encontre extremadamente cómodo no poder, no momento no que crea que hai pouca correlación entre o seu desempeño e o resultado que pode obter pois acabará cometendo abusos, e gobernando cada vez peor. 

Na paxina 17 podese ler: "Como resultado de todo isto o poder municipal encóntrase cunha absoluta falta de incentivos para actuar de forma honesta e con abundancia de incentivos para ser deshonesto; así calquera partido, non só o PP, se contase cun apoio incondicional, de tipo emocional, ou baseado en intercambio de favores, entraría nunha deriva cara a máis absoluta das desfeitas"

Na mesma páxina: "  O PP non representa o mal per se, pero en Tui, como o PSOE en Andalucía, o PP si que representa o axente partidario de todos os males políticos, sociais e económicos que padecemos desde hai xa anos.

E ai ven unha reflexión fundamental que por razón obvias non aparecen no libro, xa que reflicten feitos posteriores, no goberno actual do PSOE, vemos síntomas, moi incipientes pero inequívocos, de andalucización de Tui, e desde a perspectiva liberal, sabemos que un PSOE acomodado en Tui acabaría cometendo tamén moitos abusos, como de feito acaban cometendo todos os gobernantes acomodados, de dereitas ou esquerdas, o de intervir na radio cun comisario político, algo que nunca fixo o PP, é particularmente grave. Mentres que un marxista nunca vai recoñecer que a esquerda acomodada no poder abusa tanto como a dereita, é perfectamente entendible que un liberal, que pensa en clave de incentivos, e sabe que é así, que a esquerda tamén acaba abusando, actue nesa clave, é exactamente o que estamos a facer, actuar en clave liberal. 

Se eu fixera unha análise marxista na que identificase ao PP coa quintaesencia de todos os males sería gravemente incoherente que eu agora pactase co PP, se eu fago unha análise liberal na que atribuo os erros do PP en Tui a un problema de incentivos, de excesiva comodidade no poder, pois pode resultar coherente que eu pacte co PP, moi dificilmente coas mesmas persoas que cometeron eses abusos, é verdade, pero ese non é o caso. É evidente que a petición de demisións que se fixo no seu día estaba intimamente relacionada coa análise que se fixo en "Por un Tui próspero", é evidente para quen o queira ver.  

Pero a coherencia en toda a actuación de C21 é intachable, contribuimos a expulsar ao PP do poder en 2015 por coherencia co noso mandato eleitoral e agora pactamos con un PP renovado, tamén con plena coherencia, e para quen teña dúbidas que escoite a miña entrevista na radio na campaña do 2015, a partir do minuto 16 na que chego a dicir que o pacto máis habitual dos liberais  en Europa é coa dereita. Cumprimos no 2015 o noso compromiso eleitoral renunciando a obter a alcaldía e agora, despois da renovación no centro dereita, facemos algo absolutamente coherente co noso ideario e co mandato eleitoral. 


5 comments:

  1. Pois ven que no mitin que feches en Caldelas si que dicías que a maior parte dos problemas de Tui eran culpa do PP, e agora por interese propio, porque non hay otra explicación para facer o que fas, vas e pactas con eles.
    Non creo que vos teus criterios secas ninguén para darle lecciones os demáis e moto menos para gobernar

    ReplyDelete
  2. Y perdón por las faltas de ortografía, es culpa del corrector

    ReplyDelete
  3. Completamente certo o que dis no post, eu lin o libro e só unha lectura parcial, tendenciosa e interesada pode levar a concluir que C21 Tui renuncia a pactar com o PP de Tui. O certo é que C21 logrou actuando con coherencia e persistencia o que ninguén: a renovación do PP tudense. E se pica, pois a ranhar. E pica, muito.

    ReplyDelete
  4. Qué pena! Do BNG á " comandita" co PP.

    ReplyDelete
  5. Es curioso que quienes aplaudieron como muy democrático un gobierno de perdedores de izquierdas sean ahora los que critican un gobierno de vencedores de derechas (para mi el liberalismo es básicamente derechista aunque no sea conservador). Sólo echo en falta que el candidato en la moción no sea del partido más votado.

    Los que tanto criticáis incoherencias ajenas no parece que prestéis atención a las propias

    ReplyDelete

podes deixar aqui a tua opinión,