Orzamentos 2018. A hora da responsabilidade


O vindeiro venres debaterase en pleno o proxecto de orzamentos para o ano 2018, é o terceiro intento de aprovar un orzamento que fai o governo, e nas modificacións dese orzamento temos demostrado capacidade de negociación e de cesión, como corresponde a un goberno que está en minoría, na primeira modificación deuselle cabida ás reinvindicacións sindicais e nesta segunda modificación deuselle amplísima entrada ás peticións dos grupos da oposición, que presentaron diversas demandas, todos eles coincidian en tres cuestións, o aumento de fondos para o servizo de dependencia, que se ve aumentado en máis de 37.000 € con respeito aos orzamentos que a oposición elaborou cando era goberno en 2016, a dotación dunha partida destinada ás modificacións puntuais do PXOM, con prioridade neste momento para a supresión dos PERIS de San Bartolome, que dotamos con 18.142 € e a inclusión dunha partida para o Festival de Arraianos, que dotamos con 15.000€.


Estas tres son reinvidicacións da oposición compartidas e asumidas polo goberno no proxecto de orzamentos, a maiores incorporanse duas peticións máis, en particular do PSOE, incrementase en 5.000 € a partida para mantimento dos colexios, e crease unha partida de 8.200 € destinada ás execucións subsidiarias do conxunto monumental, tamén rescatamos unha iniciativa que era do goberno e que pide agora o BNG, o Plan Municipal de Emerxencias.


Sería moi dificil de explicar un voto masivo da oposición contra o proxecto de orzamentos despois disto, especialmente do PSOE, forza á que se lle incorporan a maior parte das suas peticións, unha abstención dos tres concelleiros do PSOE bastaría para garantir a aprovación dos orzamentos e debemos lembrar cales serian as consecuencias da derrota deste proxecto orzamentario: 37.000 € menos para dependencia, ausencia de partida para as modificacións do PXOM e Arraianos e portanto incapacidade do concello para achegar cantidade algunha.


Ademais seguir cos orzamentos prorrogados do 2016 implicaría manter un reparto inxusto das subvencións ás anpas dos colexios con alunos de primaria e infantil, non poder facer un estudio da Relación de Postos de Traballo, que é fundamental para adaptar a plantilla municipal ás necesidades reais do concello, esqueceríamonos do Plan de Emerxencias, que é obrigatorio e que nos axudaría a enfrentar unha vaga de lumes, que non poderiamos realizar unha auditoria enerxética, nen un Plan Director de Turismo, ferramenta clave para ter unha folla de ruta neste sentido, tampouco nos poderíamos adaptar á lei de protección de datos, nen adquirir unha plataforma de participación cidadá para a realización de orzamentos participativos, quedariamos sen partida para seguir traballando na mellora da eficiencia do departamento de urbanismo, con orzamentos prorrogados habería que replantexar o calendario de eventos deportivos, xa que as partidas dos orzamentos prorrogados non permiten encaralos.


A non aprobación dos orzamentos impediriannos contratar persoal nas seguintes funcións: Interprete Patrimonio Histórico, Técnico de Urbanismo, Auxiliar Servizos Sociais, Auxiliar para Turismo e Auxiliar Administrativo do ARI coas graves consecuencias que implicaría.


No cadro de investimentos incluense partidas para a "Sinalización da pavimentación de Tui e os seus lugares", a "Renovación alumeado no espacio público Conxunto Histórico", ou a "Mellora pavimentación acceso Monte Penizas", entre outros menores, cuxa realización se vería cando menos comprometida.


En definitiva a derrota o venres deste proxecto de orzamentos en pleno, non suporía unha derrota do goberno, senón unha derrota para Tui e para toda a corporación, que ve reflectida, en maior ou menor medida, peticións propias. A semana pasada toda a oposición se manifestou en contra do proxecto de orzamentos, agardemos, especialmente do PSOE e do seu voceiro, o señor Cabaleiro, a suficiente responsabilidade e altura de miras para non votar en contra no pleno, dun orzamento que inclue parte moi sustancial do que o seu partido solicitou, uns orzamentos que quizá non satisfagan ao 100% a ninguén pero que se poden definir xustamente como uns orzamentos de toda a corporación e que sen dúbida representan un paso adiante para o noso concello e que sentan, en moitos aspectos, as bases para un Tui próspero.











No comments:

Post a Comment

podes deixar aqui a tua opinión,